Como chegar

 

Dirección

Carretera de Marín Km 3,5
36153-Pontevedra (España)
Pontevedra (España)

 


 

Coordenadas

Coordenadas da entrada á finca:
Xeográficas: 42°24′ 35″ N – 8°00’12” W
UTM: 527.150; 4.695.326 HUSO 29

 


 

Dende Vigo ou Santiago pola autoestrada:

Deixar a autoestrada AP-9 na saída Pontevedra Sur-Marín; na primeira bifurcación coller dirección Marín e chegarase a autovía PO-11 que discorre á beira da ría. Saír desta vía no desvío indicado Placeres-Porto, na primeira rotonda que se encontra debemos seguir dirección Placeres, e a poucos metros na segunda rotonda dirección Mollabao. Seguir aproximadamente 1 km ata atopar á dereita a entrada ó Centro na longa verxa verde de ferro que pecha a finca de Lourizán.

 


 

Dende Pontevedra

Pódese coller a autovía PO-11 que une Pontevedra e Marín e seguir as mesmas instrucións que no caso anterior ou ir pola estrada vella de Pontevedra a Marín, PO-546, a uns 4 km de Pontevedra, despois da fábrica de celulosa, atoparase á esquerda a longa verxa verde de ferro que pecha a finca de Lourizán. Neste caso, debemos entrar pola porta que vemos ó final do peche, xa que a primeira entrada corresponde ó C.F.E.A. Lourizán (Escola de Capataces).

 

"Plano"

"Entrada"