Vostede está aquí

Herbario

Foi creado en 1943. Abrangue o herbario de plantas vasculares, Herbario LOU con 65.000 pregos, e a micoteca LOU-Fungi que inclúe 15.000 achegas.

O material máis antigo, que corresponde ao herbario do P. Baltasar Merino con 12.000 pregos, pertence á Compañía de Xesús. A obra Flora Descritiva e Ilustrada de Galicia (1905-1909) está baseada neste herbario. Posteriormente, o P.J. Manuel Laínz contribuíu coa incorporación de novo material.

Recentemente o P. Fermín Gómez Vigide, da Orde Franciscana, doou o seu herbario constituído por 14000 exemplares ao herbario LOU.

A maior parte do material que compón o herbario ten a súa orixe nas herborizacións feitas polo persoal investigador do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, achegas do Grupo Botánico Galego e material procedente de botánicos da nosa comunidade.

Anos atrás o Dr. Luis Freire García doou a súa colección de fungos, quedando depositada co resto do material.

O herbario dispón dun sistema de almacenamento con humidade e temperatura controlada e periodicamente faise o control de pragas. Nestes momentos está a informatizarse para que estea dispoñible nunha base de datos.

O herbario dispón dun servizo para a consulta e préstamo de pregos para o persoal investigador que o solicite así como a incorporación e envío de pregos de intercambio con outras institucións similares.