- Inicio
- Centro
- Departamentos
- Departamento de ecosistemas forestais
- Infraestruturas
- Laboratorio de botánica e ecoloxía
Laboratorio de botánica e ecoloxía
Esta estancia, que dispón de campá extractora, estufa e balanza de precisión, utilízase para determinacións básicas de laboratorio. Tamén dispón de:
- Dixestor Kjeldahl para determinación de nitróxeno
- Dixestor para determinación de fibra.
SALA DE LUPAS
Aquí desenvólvense os traballos de identificación de especies vexetais que proceden de parcelas de investigación e de herborizacións levadas a cabo polos investigadores. O material clasificado incorpórase ao herbario LOU.
Está dotada con:
- Lupas binoculares para taxonomía
- Colección de claves botánicas que constitúen o material de apoio
- Equipo de medición de aneis con lupa binocular utilizado en dendrocronoloxía
SALA DE PROCESADO DE MOSTRAS VEXETAIS
É a estanza onde se preparan as mostras de biomasa e follaxe para a determinación de produción vexetal. Tamén se montan as pregos do herbario. Dispón de estufas, balanzas e conxeladores.
SALA DE ECOFISIOLOXÍA E EQUIPAMENTO DE CAMPO
Os estudos de ecofisioloxía requiren dun equipamento que se aloxa nesta sala. Estes estudos son necesarios na maior parte dos ensaios de selvicultura e de adaptación das especies forestais ao cambio climático.
Os equipos máis destacados dos que se dispoñen son:
- Analizador portátil de fotosíntese LICOR-6400 con led e inxector de CO2 calíbrase nesta estancia que dispón da instalación de gases necesaria.
- Analizador da fluorescencia da clorofila Mini-PAM
- Analizador de dosel arbóreo LAI-2000
- Analizador de clorofila in situ SPAD
Ademais alóxanse aquí os aparatos de medición en campo: estación total Pentax, equipos de medición láser, forcípulas, pentaprisma, GPS, altímetro, compás, e varios rexistradores e sensores para estudos microclimáticos como sensores PAR, piranómetros, termohigrómetros, termopares.