- Inicio
- Centro
- Departamentos
- Departamento de ecosistemas forestais
- Infraestruturas
- Laboratorio de edafoloxía e química forestal
Laboratorio de edafoloxía e química forestal
Está orientado á análise de solos e material vexetal. A maioría dos proxectos desenvolvidos requiren dun estudodetallado da composición química dos solos. Ademais, o estado nutricional das árbores e doutros compoñentes vexetais do bosque resulta imprescindible para avaliar os tratamentos ensaiados..
De xeito habitual, realízanse análise de fertilidade de solos e nutrición vexetal. Estas análises de material vexetal compleméntanse cando é necesario con outras determinacións como as de compostos orgánicos: azucres, polifenois, taninos e outros.
O laboratorio dispón do seguinte equipamento:
- Espectrofotómetro UV-VIS.
- Espectrofotómetro de absorción atómica con cámara de grafito.
- Analizador de tamaño de partículas por difracción láser para granulometría.
- Equipo de osmose inversa para produción de auga calidade laboratorio
- Sistema de dixestión por microondas
- Estufas, balanzas, centrífugas, axitadores, pHmetros, sonda ultrasónica, campás extractoras, rotavapor, triturador de material vexetal.
Tamén dispón de equipamento para mostraxe de solos e determinacións en campo:
- Penetrómetro Eijkelkamp
- Equipo de mostraxe de perfís de solo
- Equipo completo de barrenas tomamostras
SALA DE SECADO E CRIBADO DE SOLOS
Para a preparación de solos disponse dunha área exterior pechada na que se secan e cribanse os solos coas axeitadas condicións de ventilación.
SALA DE MOENDA
Cóntase cunha estanza interior independente para a moenda de solos e material vexetal dotada con muíños de martelos, de ágata e de coitelas.