Laboratorio de microbioloxía e ciclo de nutrientes

Laboratorio de microbioloxía e ciclo de nutrientes

Laboratorio de microbioloxía e ciclo de nutrientes

O laboratorio ten como obxectivo avaliar os impactos dos incendios e efectos de diferentes técnicas de xestión forestal (claras, cortas, tratamentos preventivos de incendios…) en parámetros físicos, químicos, microbiolóxicos, e no ciclo de nutrientes do solo, de cara a establecer pautas e guías de manexo que minimicen o seus posibles efectos negativos, para asegurar a sostenibilidade da xestión forestal. Asimesmo traballa para aconsellar os mellores tratamentos de estabilización do chan post-incendio e rehabilitación de áreas queimadas. Finalmente, fai determinacións da capacidade de fixación de Carbono nos ecosistemas forestais e a súa alteración polos lumes.