- Inicio
- Centro
- Departamentos
- Departamento de silvicultura e mellora
- Infraestruturas
- Laboratorio de floración
Laboratorio de floración

Os estudos de bioloxía floral están orientados á conservación da viabilidade do polen e ó estudo de incompatibilidade polen-estigma.
Aplícanse nos cruzamentos controlados (nas especies Castanea spp., Prunus avium, Pinus pinaster e Pinus radiata) e na selección dos polinizadores das variedades produtoras de castaña.
Os equipos empregados son microscopio, lupa, estufas, conxelador e ultraconxelador.