Laboratorio de xenética molecular

Laboratorio de xenética molecular

Laboratorio de xenética molecular

Contén os equipos precisos para o xenotipado de individuos dos programas de mellora xenética,  para a identificación e descrición varietal e nos estudos de poboacións. O método de xenotipado de individuos actualmente empregado no laboratorio son os microsatélites ou SSRs  (acrónimo en inglés de simple sequence repeats). O laboratorio conta con bases de datos  de numerosos individuos de castiñeiro e de cerdeira, xenotipados en ambos casos con 10 SSRs.

Os equipos do laboratorio son os seguintes:

  • Equipo de electroforese capilar “CEQ8800 Genetic Analysis” de Beckman Coulter para 192 mostras.
  • Termocicladores “I-Cycler” de Bio-Rad de 96 pocillos e “Veriti” de 96 pocillos de Applied Biosystem.
  • Biophotometer Eppendorf, cuantificación de ADN.
  • Cubetas de electroforese, ultraconxeladores, autoclave, etc.

A base de datos de castiñeiro comprende os xenotipos das variedades tradicionais cultivadas en Galicia (Castanea sativa), a colección de clons híbridos euroasiáticos creados en Galicia o pasado século (Castanea crenata x Castanea sativa), poboacións silvestres de C. sativa de diferentes orixes europeos, cunha representación importante das poboacións españolas, individuos puros de castiñeiro xaponés (C. crenata) e de castiñeiro chinés (C. mollissima) conservados en diferentes rodais plantados na costa de Galicia.

A base de datos de cerdeira (Prunus avium) comprende os xenotipos das árbores superiores da poboación de mellora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, coa súa orixe, fundamentalmente, no norte da península.

Os servizos  a usuarios externos (viveiristas, propietarios de soutos, silvicultores) son:

  • Verificacións de identidade das variedades tradicionais de castiñeiro.
  • Verificacións de identidade de clons híbridos de castiñeiro.
  • Identificacións de orixe de individuos de castiñeiro.
  • Identificación de clons de cerdeira.