- Inicio
- Centro
- Departamentos
- Departamento de silvicultura e mellora
- Infraestruturas
- Viveiro de investigación
Viveiro de investigación

Unha gran parte dos experimentos en recursos xenéticos realizanse no viveiro ou comezan no viveiro, coa produción das plantas destinadas a ensaios no campo ou a coleccións. Gran parte da produción faise por cultivo en envase. Nos invernadoiros realizase a aclimatación e cultivo de prantas procedentes do laboratorio de cultivo in vitro, a propagación por técnicas de estaquillado semiherbáceo, a xerminación e o cultivo de semillas para os ensaios de proxenies e de procedencias, así como os ensaios de resistencia a doenzas.
As instalacións constan de:
- Invernadoiro 1: Ten unha superficie de 130 m2 co teito a duas augas con cuberta de cristal, temperatura controlada mediante un “cooling system” e sistema de calefacción por auga quente, 6 microtúneis con “fog system” que permiten humidade próxima ao 100% e así aclimatar prantas micropropagadas procedente do laboratorio de cultivo in vitro e realizar estaquillado semiherbáceo. Ademáis dispón dun sistema de “mist” con dosificación de fertilización para o posterior cultivo das prantas.
- Invernadoiro de cristal 2: Invernadoiro de 600 m2 que dispón de catro salas independentes, coa temperatura regulada por “cooling” e pantalla térmica. Duas das salas dispoñen de mesas de cultivo con sistemas de subirrigación e “mist” que permite o control do réximen hídrico e nutricional independentes, permitindo establecer un máximo de 8 tratamentos de fertirrigación diferentes. Construido no año 2001 con fondos FEOGA para o Plan de Mejora Genética de Galicia; no ano 2013 fixéronse melloras
- Invernadoiro de PVC de dobre arco de 800 m2 para o cultivo posterior de prantas unha vez pasada a etapa de xerminación, enraizamiento ou aclimatación.
- Sala de laboratorio con analizador de imaxes para raíces, básculas de precisión e estufas de secado para análise da materia seca.