Abeto Douglas

Abeto Douglas
Distribución do piñeiro de Oregón

Pseudotsuga menziesii, coñecida como piñeiro de Oregón ou abeto Douglas é unha especie de crecemento rápido, cunha elevada calidade de madeira e que se adapta a distintas condicións climáticas, polo que presenta un grande interese en repoboacións para a produción de madeira. Ten a súa orixe no occidente de Norteamérica e ocupa unha grande área que vai dende Canadá ata México nun recorrido de máis de 4500 km e dende a costa do pacífico ata as vertentes das montañas máis rochosas. Das dúas variedades presentes nesta zona, a variedade menziesii, que habita principalmente na Columbia Británica (Canadá) e nos estados de California, Washington e Oregón (Estados Unidos), é a que presenta un maior interese para a repoboación en España con fines de produción madeireira.

Distribución do piñeiro de Oregón en Norteamérica (Departamento de Agricultura dos Estados Unidos)

Distribución do piñeiro de Oregón en Norteamérica
(Departamento de Agricultura dos Estados Unidos)

Distribución do piñeiro de Oregón introducido en España (Terceiro Inventario Forestal Nacional)

Distribución do piñeiro de Oregón introducido en España
(Terceiro Inventario Forestal Nacional)

Foi introducida no norte de España hai más de 40 anos, levándose a cabo as principais repoboacións no País Vasco, Navarra, La Rioja, Galicia e Cataluña. A extensión adicada a este cultivo no norte do país é de aproximadamente 30.000 hectáreas. No proceso de repoboación presenta unha elevada importancia o plan de mellora que comezou no Centro Forestal de Lourizán co establecemento dunha ampla rede de ensaios con sementes controladas e seleccionadas pola Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal (IUFRO). Ademais, as sementes seleccionadas por IUFRO foron distribuídas en 33 países, polo que se dispón dunha moi ampla información para o seu emprego. En Europa, o piñeiro de Oregón é a principal especie de repoboación con distribucións que ocupan máis de 300.000 hectáreas en Francia, e ó redor de 15.000 hectáreas en Bélxica, 16.000 en Holanda, 152.000 en Alemaña e 49.000 en Gran Bretaña.

Ensaios de procedencias

Os estudos principais se centraron na selección das procedencias americanas mellor adaptadas ás condicións climáticas do norte de España para o establecemento de hortos sementeiros e reforestacións nesta área. O programa de mellora comezou no ano 1978 coa introdución de sementes procedentes principalmente da costa do pacífico de Norteamérica da colección da Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal (IUFRO). Posteriormente introducíronse máis procedencias, conformándose as tres coleccións presentes no Centro Forestal de Lourizán: IUFRO, USDA e UE.

Procedencias da colección IUFRO

Orixes das poboacións americanas IUFRO

Orixes das poboacións americanas IUFRO

 

Ensaios de procedencias IUFRO e hortos sementeiros

Ensaios de procedencias IUFRO e hortos sementeiros

Consta de 89 procedencias que representan diversos rodais da zona da costa pacífica norteamericana dende Canadá ata México. Foron plantadas en 16 ensaios de procedencia no norte de España entre os anos 1978 e 1981, aínda que na actualidade soamente permanecen a metade: dúas situadas pa provincia de Ourense, unha en León, dúas en Asturias, dúas en Guipúzcua e unha en Navarra.

A avaliación dos parámetros de crecemento a distintas idades (5, 10 e 15 anos) permitiu caracterizar o comportamento das procedencias no noso país, determinar as procedencias que mellor se adaptan as nosas condicións e recomendar procedencias para a importación de semente. Tamén se observou unha alta correlación xuvenil-adulto que posibilita levar a cabo unha selección temperá sen perda de ganancia aínda que para esta selección debe terse en conta tamén o diferente comportamento das procedencias en función dos sitios, polo que se recomendaron as procedencias con maior estabilidade.

Tamén se levou a cabo o establecemento de dous hortos sementeiros con clons producidos a partir das mellores procedencias, plantados no 2000 en Lourizán (Pontevedra) con 103 clons e no 2002 en Sergude (Boqueixón) con 38 clons. Nos últimos anos se desenvolveu unha proposta de empregar algunhas parcelas da rede de ensaios de procedencias IUFRO como material de base para a obtención de semente.

Procedencias da colección USDA

Orixes das poboacións americanas USDA

Orixes das poboacións americanas USDA

 

Ensaios de procedencias USDA

Ensaios de procedencias USDA

Esta colección está representada por 54 familias de varias procedencias da costa do pacífico en Norteamérica seleccionadas polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA). Entre os anos 1986 e 1996 plantáronse 14 ensaios de procedencias e diversas zonas da xeografía española.

Procedencias da colección UE

Orixe das proxenies dentro das poboacións americanas UE

Orixe das proxenies dentro das poboacións americanas UE

 

Ensaios de procedencias - proxenies poboacións americanas UE

Ensaios de procedencias – proxenies poboacións americanas UE

Consta de 240 familias de nove procedencias do noroeste de Estados Unidos. Entre os anos 1992 e 1998 plantouse unha rede de ensaios con estrutura de procedencias-proxenies en oito localidades do norte de España.

Publicacións

Toval-Hernández, G., Vega-Alonso, G., Purto-Arribas, G., Jenkinson, J.L. (1993) Screening Douglas-fir for rapid early growth in common-garden tests inSpain. General Technical Report Pacific Southwest ResearchStation 146, Pacific Southwest Research Station, Forest Service, USDA, 43 pp.

Zas, R., Merlo, E., Díaz, R., Fernández-López, J. (2003) Stability across sites of Douglas-fir provenances in Northern Spain. Forest Genetics 10(1):71-82

Merlo, E.; Díaz, R.; Zas, R.; Fernández-López, J. (2004) Propuesta de utilización de ensayos de procedencias de Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco como material de base para la obtención de material forestal de reproducción. Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales 13(3):492-505

Zas, R., Merlo, E., Díaz, R., Fernández-López, J. (2004). Relative growth trend as an early selection parameter in a Douglas-fir provenance test. Forest Science, 50(4):518-526