Cerdeira

INTRODUCCIÓN
A cerdeira (Prunus avium) é unha especie forestal con posibilidades en Galicia, por ser produtora de madeira nobre de elevado valor no mercado. A cerdeira sitúase principalmente na metade setentrional da Península Ibérica e en Galicia atópase frecuentemente como especie acompañante en carballeiras e en bosques mixtos de frondosas. A especie caracterízase por ter un crecemento medio-rápido ata os 50 a 60 años, con rendementos de 8 a 11 m3/ha año. A madeira é moi apreciada e valiosa, con albura amarelenta e durame avermellado, é empregada en ebanistaría, construcións interiores, marquetería, talla, etc. Emprégase tamén para a obtención de chapa, destinada á fabricación de mobles e revestimentos murais. Esta especie é sensible á doenza coñecida como cilindrosporiose, producida polo fungoBlumeriella jaapi (Rehm.) V. Arx que ocasiona lesións nas follas, a defoliación e a diminución do crecemento. A súa plantación xustifícase especialmente en terreos de elevada calidade, cun manexo intensivo e con clons seleccionados co obxetivo de obter madeira de calidade en turno corto (25 o 30 años). As futuras plantacións para madeira han de realizarse con clons de calidade forestal demostrada e que estean aprobados como materiais forestais de reprodución e adaptados ás zonas de utilización.
Distribución da cerdeira en Europa
(Programa Europeo de Recursos Xenéticos Forestais)
Distribución da cerdeira en España
(Terceiro Inventario Forestal Nacional)
As liñas de investigación no Centro de Lourizán teñen os seguintes obxectivos:
- Seleccionar, conservar e caracterizar xermoplasma de Prunus avium recollido no medio silvestre, tanto en Galicia como en outras zonas da península Ibérica.
- Realizar selección de clones destinados á produción de madeira.
LIÑAS DE SELECCIÓN E MELLORA NO CENTRO FORESTAL DE LOURIZÁN
Durante máis dunha década véñense desenvolvendo no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán liñas de selección e mellora de material de cerdeira. É unha das especies prioritarias do Programa de Mellora Xenética do Plan de Innovación e Mellora Forestal de Galicia (2010-2020).
En 1996 iniciouse unha liña de selección de árbores superiores para a produción de madeira de Prunus avium L. que abarcou principalmente a montaña oriental de Galicia. Das árbores seleccionadas, recolléronse sementes de polinización aberta coas que se realizou un ensaio de proxenies no que se realizou a selección por crecemento das mellores plantas das mellores familias; estas plantas foron multiplicadas vexetativamente por estaquillado semileñoso e como resultado obtivéronse clons que unha vez plantados, a principios do ano 1999 en terreos do Centro de Lourizán, formaron un banco clonal. Neste banco clonal están representadas accesións das tres provincias, 20 familias (cada familia inclúe plantas procedentes de sementes da mesma árbore seleccionada), 122 clons (cada clon procede dunha única planta de semente que foi propagada por estaquillado semileñoso).
Orixe das ortets (Liña 1), ensaios clonais e hortos sementeiros
Ademais, como resultado dun proxecto coordinado entre centros de diversas C.A. (INIA SC98-061), realizouse unha segunda selección fenotípica de árbores de P. avium no norte de España, resultando un total de 225 árbores seleccionadas; coas pugas enxertadas destas árbores establecéronse hortos sementeiros.
Orixe das ortets (Liña 2) e colección de clons
No ano 2003 iniciouse a selección clonal comezando as actividades polo establecemento de un protocolo de clonación por cultivo in vitro. As árbores seleccionadas, unha vez clonadas, establecense en parcelas clonais, hortos sementeiros e bancos clonais. A partir do estudo das árbores seleccionadas obtivéronse os seguintes resultados:
A caracterización e a selección de clons superiores por crecemento en volume, forma do fuste, sistema de ramificación, boa adaptación a solo e ao clima.
- En plantación o crecemento medio en altura aos 5 años variou entre clons dende 1,66 m (Lugo-37) ata 3,28 m (Lugo-46). Por rectitude do fuste destacan os clons Ourense-22, Lugo-23, Lugo-24, Lugo-48 e Lugo-46. Avaliáronse as características xenéticas das variables estatísticas utilizadas na caracterización das árbores.
- Estimáronse os parámetros xenéticos e avaliáronse as correlacións xuvenil-adulto coa finalidade de coñecer as posibilidades de realizar selección en ensaios novos. A selección en plantación debe realizarse despois dun número mínimo de anos de crecemento, dado que os valores de correlación entre o crecemento en altura aos cinco anos cos crecementos aos catro, tres e un anos son de 0,95, 0,85 e 0,35 respectivamente; resultados similares obtivéronse cos diámetros.
Estudáronse carácteres adaptativos como a resistencia á seca e ao asolagamento, as xeadas e a Blumeriella jaapi e pola fenoloxía de brotación e da floración.
- Respecto á resistencia á seca, os clons que mellor a toleran son Ourense-21, Lugo-50 e Ourense-20. Os clons que toleran o asolagamento temporal son Lugo-23, Lugo-37 y Ourense-20. Os clons Lugo-23 e Lugo-40 destacaron por presentar crecementos superiores a 120 cm nun período vexetativo e, por la contra, os clons Ourense-21 y Pontevedra-30 por presentar crecementos inferiores a 50 cm. A seca ocasiona unha redución media do crecemento en altura dun 26% respecto ao tratamento a capacidade de campo. As xeadas producen, nesta especie, danos en tódolos tecidos (xema e cambium a partir de temperaturas de -4,5ºC, aínda que os danos mais importantes teñen lugar cando se alcanzan temperaturas de -8ºC.
- Caracterización por fenoloxía da floración e da brotación: as datas de brotación e floración están claramente relacionadas coa orixe xeográfica das familias, así as familias procedentes de Ourense presentan brotación más temperán que as de Lugo e as de Asturias. No mes de marzo obtivéronse diferenzas significativas entre familias e entre clones pertencentes á mesma familia.
- Selección por tolerancia á cilindrosporiose, avaliada polas extensión das lesións nas follas, indica que os clons con menores lesións foron: Lugo-32, Asturias-7, Pais Vasco-11, Navarra-22 e Navarra-47.
Técnicas de multiplicación vexetativa
Optimización de diferentes técnicas de clonación de árbores de 12 anos: cultivo in vitro, estaquillado de brotes de copa, enxerto e estaquillado de raíz. Seleccionáronse clons con elevadas tasas de propagación, en combinación con outros carácteres interesantes.
Caracterización por marcadores moleculares de 34 clons:
- O locus máis variable foi EMPA015 con 12 alelos, pola contra en EMPA014 atopáronse unicamente 4 alelos.
- Detectouse que o clon SA12 é triploide porque nos loci EMPaS01, EMPA005, EMPaS10 y EMPaS12 ten 3 alelos.
- O dendrograma permite afirmar que a maior parte dos clons diferéncianse entre si nun elevado número de alelos.
- Confirmouse que os clons LU0104 y LU0108 son medios irmáns xa que comparten polo menos un alelo en 9 loci.
Caracterización fenotípica
Caracterización de clons seleccionados por carácteres UPOV del grupo. Avaliouse o control xenético e ambiental en carácteres relacionados coa produción de madeira e carácteres morfolóxicos de follas e froito (UPOV).
Materiais de reprodución
Admisión do primeiro clon de cerdeira como material forestal de reprodución (MFR) na categoría cualificado en agosto de 2011(Prunus avium Lourizán 1) e o segundo no 2012 (Prunus avium Lourizán-2). DOG Núm. 157, 18 de agosto de 2011 Páx. 23513. Resolución do 18 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Montes, pola que se lle dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución. Transferencia ó sector destes clons.
Obxectivos actuais
Na actualidade os obxectivos céntranse na mellora xenética, a selección de clons para formar unha poboación de mellora e unha poboación elite e o desenvolvemento de cruzamentos controlados entre as árbores seleccionadas e a obtención de novos clons. Definíronse catro grupos de caracteres de mellora: crecemento (vigor), forma de fuste e ramosidade, resistencia a cilindrosporioses, aptitude á propagación por cultivo in vitro, co fin de caracterizar os materiais e escoller os mellores clons. Definiuse a Poboación Elite, dentro da poboación de Mellora, que está formada po los 16 mellores clons da poboación de Mellora, catro clons para cada un dos catro carácteres de mellora. Estes clons están sendo clonadas e as plantas son empregadas para cruzamentos controlados. Coas árbores procedentes das sementes destes cruzamentos estableceranse plantacións e obteranse novos clons para a Poboación de Propagación. Os 16 mellores clons están sendo clonados in vitro e empregados en novas plantacións, parte deles, foron rexistrados como materiais forestais de reprodución e transferidos ao sector viveiros. Na selección de árbores para cruzamento, consideráronse as distancias xenéticas, estimadas con microsatélites (ADN), co fin de minimizar a cosanguinidade entre eles. As proxenies resultantes de cruzamentos controladas serán multiplicadas vexetativamente mediante técnicas de cultivo in vitro, estaquillado e inxerto.
Follas de cerdeira con diferente grado de extensión das lesións por cilindrosporiosis.
PUBLICACIÓNS
Díaz, R., Zas, R., and Fernández-López, J. 2007. Genetic variation of Prunus avium in susceptibility to cherry leaf spot (Blumeriella jaapii) in spatially heterogeneous infected seed orchards. Annals of Forest Science 64: 21-30.
Díaz, R.; Miranda, ME.; Vilanova, A.; Aletà, N.; Traver, C.; Zabalza, S.; Coello, J.; Piqué, M.; Turrientes, A.; Ligos, J.; Santana, J.; Cisneros, O. 2010. Red de ensayos clonales de Prunus avium L. para determinar el comportamiento de posibles materiales de base de esta especie. IV. Jornadas de Transferencia Tecnológica de Maceda y V Reunión del Grupo de Trabajo de Genética Forestal de la SECF: Repoblación y restauración forestal en un contexto de cambio: Contribución de los recursos genéticos a un nuevo paradigma. Maceda (Ourense), 25-27 d’octubre de 2010PO).
Fernández, R., Santi, F., and Dufour, J. 1994. Les matériels forestiers de reproduction sélectionnés de merisier (Prunus avium L.): classement, provenances et variabilité. Rev. For. Fr. XLVI(6): 629-638.
González-Rosales, M., and Vega-Alonso, P. 1990. Cuidados y tratamientos de la semilla de Prunus avium en vivero. In II Congreso Florestal Nacional, Porto.
Lago-Rivas, Sara ; Miranda-Fontaíña, María Eugenia, Fernández López, Josefa; Toval Hernández Gabriel. 2013. Caracterización por crecimiento y forma de clones de cerezo. Selección de Descriptores de Distinción, Uniformidad y Estabilidad. Actas del 6º Congreso Forestal Español. Vitoria-Gasteiz 10-14 de junio del 2013.
Miranda-Fontaíña, E., Fernández-López, J. 2001. Variabilidad clonal en la micropropagación de Prunus avium. In IV Reunión Sociedad Española de Cultivo In vitro de Tejidos Vegetales. Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia, CSIC, Santiago de Compostela.
Miranda-Fontaíña, M.E.; Fernández-López, J.. 2008. Caracterización de clones de Prunus avium según la disponibilidad hídrica durante su crecimiento. I Simposio Iberoamericano- IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental. Pontevedra, octubre 2008. Presentación póster.pp: 315-318.
Miranda-Fontaíña, M.E. ; Fernández-López, J. 2008. Selección de clones de cerezo (Prunus avium) de origen gallego para su uso ornamental. I Simposio Iberoamericano- IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental. Pontevedra, Octubre 2008. Presentación oral.p: 88-94.
Miranda Fontaíña, Mª Eugenia; Josefa Fernández López, Raquel Díaz Vázquez, Gabriel Toval Hernández. 2011. Prunus avium. Seminario técnico “Liñas actuais de investigación en mellora xenética en distintas especies forestais, e posibilidades de transferencia”. Vifoga. Xunta de Galicia.
Rodríguez, J. 2005. Variabilidad genética de la fenología y susceptibilidad a la cilindrosporiosis del huerto semillero de Prunus avium L. de Areas-Tui. Proyecto Fin de Carrera. Escuela Universitaria de Ingeniería Tecnica Forestal de Pontevedra. Universidad de Vigo. Directores: Raquel Díaz y Juan Picos
DOG Núm. 157, 18 de agosto de 2011 Páx. 23513. Resolución do 18 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Montes, pola que se lle dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución. (se adjunta documentación presentada y copia de la resolución en el Diário Oficial de Galícia). Admisión del primer clon de cerezo como material forestal de reproducción en la categoría cualificado: clon Prunus avium Lourizán 1