Nogueira

Nogueira

Walnut
DISTRIBUCIÓN DA NOGUEIRA

A nogueira (Juglans regia L.) é unha especie orixinaria das montañas de Asia Central que crece de forma diseminada como compoñente minoritario de bosques mixtos caducifolios dende o sur de Europa ata a India. Atópase na zona dos Balcanes (Hungría, a antiga Yugoslavia, Bulgaria, Albania), no Cáucaso, en Asia Menor (Turquía, norte de Irak e Irán), Asia Central (no límite norte en Kirguistán) e ten o seu límite oriental no norte da India. En Europa occidental a súa distribución concéntrase principalmente nos asentamentos humanos, estradas e cultivos. En España atópase dispersa por toda a superficie formando poboacións moi pequenas.

Distribución da nogueira en España (Terceiro Inventario Forestal Nacional)

 

Distribución da nogueira en España
(Terceiro Inventario Forestal Nacional)

É unha especie de longa duración que crece nunha ampla variedade de substratos, principalmente en chans frescos, bastante ricos e soltos. Ten problemas para rexenerarse de forma natural, debido principalmente a  presenza de animais que comen o seus froitos. Prefire os climas mornos e mornos-cálidos posto que as xeadas tardías son un importante factor limitante que afecta tanto a la floración y el desenvolvemento dos brotes. Nestas condicións a altitude non é un factor moi limitante e pódese atopar dende baixas elevacións ata 2500 metros.

O seu interese económico radica na súa dobre aptitude. Por unha banda a produción de froitos, moi apreciados para o consumo humano. Por outra, a produción dunha das madeiras máis apreciadas en Europa polas súas características e o seu fácil mecanizado. Este feito influíu en gran medida no aumento da área de distribución da especie.

ENSAIOS DE PROXENIES

No ano 1997 comezou o programa de mellora xenética da nogueira en Galicia coa prospección e selección de 43 árbores superiores en Galicia. O material recollido das 43 árbores de Galicia foi plantado en 1998 nun ensaio de proxenies en Lourián (Pontevedra) e Nullán (Lugo). Este último foi transplantado no 2000 a Baralla e Becerreá (Lugo). No ano 1998 recolleuse material de 24 árbores superiores das 43 en Galicia, 19 en Asturias e 12 en León, establecéndose no 2001 o correspondente ensaio de proxenies en Rebordelo (Pontevedra) e Daneiro (A Coruña) aínda que na actualidade só existe o de Daneiro. Tamén se enxertaron púas das árbores seleccionadas nun banco de xermoplasma en Lourizán, que actualmente tampouco existe.

Orixe das árbores plus e ensaios de proxenies

 

Orixe das árbores plus e ensaios de proxenies

Os estudos se centraron principalmente nos carácteres relacionados coa produción de madeira, atopándose diferenzas significativas entre proxenies para os carácteres de crecemento, fenoloxía, dano por xeadas, número de ramas apicais ou danos por Phytophthora cinnamomi, pero non para os carácteres de forma do fuste ou dominancia apical. As familias con brotación máis temperá presentaron maiores danos por xeadas tardías e por tanto maior número de ramas apicais. Por outra banda, coa selección das mellores proxenies dentro de familias obtéñense maiores ganancias que coa selección de proxenies.

Tamén se levaron a cabo estudos con marcadores moleculares RAPDs de 56 clons obtidos no seu momento do banco de xermoplasma, cos obxectivos de identificar o material e establecer relacións xenéticas. Identificáronse de forma precisa 49 grupos de clons e determinouse a ausencia de estruturación xeográfica na variabilidade xenética dos clons estudados. Posteriores estudos con isoenzimas permitiron demostrar o mantemento da variabilidade da poboación de mellora con respecto as poboacións naturalizadas da súa área xeográfica.

ENSAIOS DE PROCEDENCIAS

O ensaio de procedencias-proxenies consta de catro poboacións orixinarias de catro sitios do norte de España ben diferenciados desde o punto de vista climatolóxico. O ensaio estableceuse no 2001 inicialmente en dous viveiros: un en Nullán (Lugo) e outro en Mas Valero (Castellón) e no ano 2005 o material de Nullán estableceuse en campo en O Pino (A Coruña).

Orixe das poboacións españolas e ensaio de procedencias-proxenies

 

Orixe das poboacións españolas e ensaio de procedencias-proxenies

Durante os tres primeiros anos levouse a cabo a medición de caracteres de crecemento, fenoloxía, forma e supervivencia. Os estudos determinaron diferencias significativas entre poboacións para os caracteres de crecemento e fenoloxía, sendo a variabilidade de estes caracteres maior entre poboacións que entre familias. Estes resultados deben ser tidos en conta na conservación e mellora da nogueira en España. Ademais tamén se detectaron importantes diferencias entre ambos sitios polo que se recomenda estudos máis exhaustivos para facer recomendacións de uso.

 PUBLICACIÓNS

Ensaios de proxenies

(C-jr-3) Díaz, R., Fernández-López, J. (2001a) Prospección y selección en campo de árboles superiores de Juglans regia L. en el noroeste de España. 3º Congreso Forestal Español. 25-28 de Septiembre, Granada

(C-jr-2) Díaz, R., Fernández-López, J. (2001b) Evaluación de un ensayo de progenie de Juglans regia L. en Galicia. 3º Congreso Forestal Español, 25-28 de Septiembre, Granada

(C-jr-4) Díaz, R., Abuín, C., Fernández-López, J. (2002) Comparison of isozyme and RAPD markers for revealing genetic variation in walnut species (Juglans regia L.). International Conference DYGEN on Dynamics and Conservation of Genetic Diversity in Forest Ecosystems. 02-05 de Diciembre, Strasbourg, Francia

(R-jr-2) Abuín, M., Díaz, R., Fernández-López, J. (2002) Identification of Juglans regia L. genotypes using RAPDs molecular markers. Forest Genetics 9(1):31-37

(R-jr-4) Alfonsín, J.; Abuín, M.; Díaz, R.; Fernández-López, J. (2004) Caracterización de la variabilidad genética de una población de mejora de Juglans regia L. Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales 13(3):518-526

(R-jr-5) Díaz, R.; Fernández-López, J. (2005) Genetic variation at early ages for several traits of interest for timber-production breeding of Juglans regia. Canadian Journal of Forest Research 35:235-243

 Ensaios de procedencias

(R-jr-7)   Díaz, R., Baoune, N., Ninot, A., Fernández-López¸ J., Aletà N. (2006) Performance Differences and Genetic Parameters of Four Local Spanish Populations of Juglans regia in the North of Spain. Acta Horticulturae 705:103-108