Piñeiro bravo

Maritime pine
DISTRIBUCIÓN DO PIÑEIRO BRAVO

O piñeiro bravo (Pinus pinaster Aiton) é unha conífera de elevada importancia económica en España, e en particular en Galicia, así como noutros países como Francia e Portugal, debido á calidade da súa madeira e a súa resina. En Galicia emprégase  fundamentalmente para producir palés e taboleiros de fibras e partículas, así como para material de construción,

Distribución do piñeiro bravo en Europa (Programa Europeo de Recursos Genéticos Forestales)

 

Distribución do piñeiro bravo en Europa
(Programa Europeo de Recursos Genéticos Forestales)

Distribución do piñeiro bravo en España (Terceiro Inventario Forestal Nacional)

 

Distribución do piñeiro bravo en España
(Terceiro Inventario Forestal Nacional)

Atópase presente na conca mediterránea occidental e na costa atlántica de Francia, España e Portugal, ocupando en total aproximadamente 4,2 millóns de hectáreas. As maiores superficies desta especie encóntranse en España, Portugal, Francia e Italia. É unha especie con gran diversidade ecolóxica, adaptándose moi ben a diversos tipos de climas e chans. Pódese encontrar dende o nivel do mar (Mimizán, Francia) ata máis de 2000 metros de altitude (Atlas, Marrocos); dende lugares con menos de 350 mm de precipitación anual e máis de 4 meses de seca (Oria, España) a outras zonas con máis de 1700 mm e sen seca estival (Galicia, España); e tanto en chans ácidos (os seus preferidos) como básicos ou mesmo areentos. Na zona atlántica ten quendas de curta de 40 anos, mentres que no resto a quenda ascende a máis de 100 anos.

En España presenta unha distribución discontinua, encontrándose poboacións moi diversificadas probablemente debido a esta fragmentación e ao illamento das masas entre sí. Está presente principalmente en Galicia, onde é a conífera que maior superficie ocupa, na meseta castelá, nas montañas da zona Soria-Burgos, nas Serras de Cuenca e de Segura-Alcaraz, así como en diversos puntos de pequena extensión do interior e da costa mediterránea española.

SELECCIÓN DE ÁRBORES SUPERIORES E ENSAIOS DE PROXENIES. MELLORA PARA A PRODUCCIÓN DE MADEIRA.

Orixe das proxenies galegas, hortos sementeiros, ensaios de proxenies e de proxenies x fertilización

 

Orixe das proxenies galegas, hortos sementeiros, ensaios de proxenies e de proxenies x fertilización

Nos anos 80 iniciouse un programa de mellora xenética da especie en Galicia mediante a selección de árbores superiores na procedencia local, Galicia-Costa. Decidiuse realizar a selección nesta procedencia sobre a base dos resultados obtidos a partir do ensaio de procedencias instalado nos anos 50 por  Fernando Molina; o ensaio mostrou que a procedencia local (Ás Neves) era a que tiña un mellor crecemento, forma e ramosidade. Entre 1986 e 1988 seleccionáronse 128  árbores superiores por carácteres de interese forestal como son crecemento, espesor de codia, rectitude de fuste e a ramosidade. Un total de 116 das 128 árbores foron clonados mediante enxerto, instalándose co devandito material o primeiro horto sementeiro clonal da especie en Galicia (H. S. Sergude, en Sergude -A Coruña-). Este horto foi incluído en 2001 no Catálogo Nacional de Materiais de Base (CNMB) para a obtención de material forestal de reprodución, dentro da categoría de cualificado. En 1998 instalouse un novo horto sementeiro en Monfero (A Coruña) co mesmo material e deseño que o de Sergude. Este horto foi incluído, ao igual que o anterior, como material de base na categoría de cualificado no CNMB en 2007.

Paralelamente á instalación de hortos sementeiros, en 1991 instaláronse os primeiros ensaios de proxenies en Rois e Brión (A Coruña) con 24 e 32 familias, respectivamente. En 1995 instaláronse outros cinco ensaios na zona costeira de Galicia con entre 78 e 111 familias. No ano 2000 instaláronse tres ensaios de proxenies máis, pero esta vez na zona interior de Galicia. En 2003 instaláronse tres ensaios de proxenies nas que se aplicaron distintas doses de fertilización (ensaios proxenie-fertilización). Por último, en 2005 instaláronse un total de sete ensaios repartidos tanto pola zona costeira coma pola interior. Nestes últimos plantáronse as 116 familias dos clons representados no H.S. de Sergude.

Os resultados das medicións realizadas aos 6 anos nos ensaios instalados en 1991 mostraron a superioridade do material do programa de mellora fronte á semente comercial. As medicións de distintas parcelas permitiron a estimación de parámetros xenéticos para distintos carácteres de interese, como son o crecemento, rectitude, ángulo e grosor de ramas, policiclismo e lonxitude de entrenós. A avaliación aos 8 anos das parcelas instaladas en 1995 permitiu seleccionar as mellores 79 árbores superiores. Con esta información, estableceuse un horto sementeiro de xeración 1.5 na Braxe (A Coruña) cos clons enxertados dos 79 xenotipos seleccionados.

Resultados máis recentes mostraron que o material do programa de mellora galego é adecuado non só para a zona costeira de Galicia, senón tamén para a zona interior. Ademais, Galicia pode ser considerada como unha única zona de mellora. Para o interior de Galicia tamén se mostraron adecuados outros materiais como os do programa de mellora xenética de Australia Occidental (Western Australia) e algunha procedencia do centro de España, como é o caso de Albarracín para as zonas máis secas do interior de Galicia.

En 2013 realizouse unha primeira clara xenética nos ensaios de proxenie de 1995. Estes ensaios poderán ser catalogados nun futuro moi próximo como materiais de base no CNMB. Ademais, nos últimos anos seleccionáronse 16 xenotipos para formar parte da Poboación Élite da especie, que consta de catro grupos de mellora: crecemento, rectitude, resistencia ao gurgullo do piñeiro (Hylobius abietis) e resistencia ao chancro resinoso (causado polo fungo Fusarium circinatum). Estes xenotipos están a ser enxertados e plantados nun banco de xermoplasma. Ademais estanse a facer os cruzamentos controlados entre os devanditos xenotipos. Tamén se están a levar a cabo ensaios de resistencia a Bursaphelenchus xylophilus co fin de encontrar material resistente ou tolerante ao murchamento do piñeiro causado por este nematodo.

ENSAIOS DE PROCEDENCIAS

Orixe das poboacións e ensaios de procedencias e inter-procedencias

 

Orixe das poboacións e ensaios de procedencias e inter-procedencias

O primeiro ensaio de procedencias da especie foi establecido por Fernando Molina nos anos 50 nas proximidades de Cuntis (Pontevedra). Neste ensaio avaliáronse 24 procedencias, tanto galegas coma do resto de España e de Francia e Portugal. Aos 10 anos avaliouse o crecemento, a ramosidade e a forma do fuste. A análise dos resultados mostrou que a raza local (Ás Neves) era superior a todas as demais en canto a esvelteza e pouca ramosidade, así como que se encontraba entre as mellores por produción en volume.

Sobre a base destes resultados e á grande demanda de semente da especie, nos anos 80 iniciouse un programa de mellora da especie seleccionando árbores na procedencia local, Galicia-Costa (información sobre este programa pódese encontrar no apartado Proxenies).

No ano 2000 establecéronse tres novos ensaios de procedencias (Becerreá -Lugo-, Guntín -Lugo- e Laza -Ourense-) anexos cada un deles a un ensaio de proxenie do programa de mellora. Nestes ensaios avaliáronse sete procedencias do interior de España. Os resultados dos carácteres avaliados nestes ensaios mostran que os materiais do programa de mellora galego teñen un mellor crecemento que as procedencias do interior de España e a súa forma e ramosidade tamén está entre as mellores, mesmo cando se establecen as plantacións na zona interior de Galicia. De todos os xeitos, nestas zonas tamén se pode recomendar plantar materiais da procedencia Albarracín, especialmente naquelas zonas máis secas do interior de Galicia, e da procedencia Serranía de Cuenca, se ben nesta última é preciso seleccionar unha fonte semillera adecuada, pois existe unha gran variabilidade dentro da procedencia.

Continuando co obxectivo de buscar o mellor material para a zona interior de Galicia no ano 2003 realizáronse cruzamentos controlados entre procedencias, tratando de obter híbridos interprocedencias que mostrasen vigor híbrido ou a combinación de carácteres de interese. Co material obtido establecéronse tres ensaios interprocedencias (Rianxo – A Coruña-, Mandín – Ourense- e Noceda- Lugo-). Nestes ensaios encóntranse representadas catro procedencias puras e sete híbridas. Ademais dos ensaios de campo, realizouse un ensaio de seca en invernadoiro co devandito material. As conclusións que se obteñen da análise do devandito ensaio mostran que o material do programa de mellora galego podería non ser o máis adecuado nas zonas extremadamente secas de Galicia, se ben estas son moi poucas.

ENSAIOS DE PROXENIES

(R-pp-21) de la Mata, R., Zas, R. (2010) Transferring Atlantic maritime pine improved material to a region with marked Mediterranean influence in inland NW Spain: A likelihood-based approach on spatially adjusted field data. European Journal of Forest Research 129(4):645-658

(R-pp-18) Martins, P., Sampedro, L., Moreira, X., Zas, R. (2009) Nutritional status and genetic variation in the response to nutrient availability inPinus pinaster. A multisite field study in Northwest Spain.Forest Ecology and Management 258(7):1429-1436

(R-pp-13) Martins, P., Zas, R., Sampedro, L.. (2008) Plasticidad fenotípica de Pinus pinaster frente a la disponibilidad de nutrientes. Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencia Forestal 24:67-73

(R-pp-16) Zas, R., Merlo, E. (2008) El programa de mejora genética de Pinus pinaster en GaliciaBoletín  CIDEU    5

(R-pp-9) Zas, R., Sampedro, L., Prada, E., Lombardero, M.J., Fernández-López, J. (2006) Fertilization increases Hylobius abietis L. damage inPinus pinaster Ait. Seedlings. Forest Ecology and Management 222(1-3):137-144

(R-pp-9) Zas, R., Sampedro, L., Prada, E., Lombardero, M.J., Fernández-López, J. (2006) Fertilization increases Hylobius abietis L. damage inPinus pinaster Ait. Seedlings. Forest Ecology and Management 222(1-3):137-144

(R-pp-7) Zas, R., Sampedro, L., Prada, E., Fernández-López, J. (2005) Genetic variation of Pinus pinaster Ait. seedlings in susceptibility to the pine weevil Hylobius abietis L. Annals of Forest Science 62(7):681-688

(R-pp-6) Zas, R., Fernández-López, J. (2005) Juvenile Genetic Parameters and Genotypic Stability of Pinus pinaster Ait. Open-Pollinated Families under Different Water and Nutrient Regimes. Forest Science 51(2):165-174

(R-pp-5) Zas, R., Merlo, E., Fernández-López, J. (2004) Genotype x environment interaction in Maritime pine families in Galicia, NW Spain. Silvae Genetica 53(4):175-182

(R-pp-4)  Zas, R., Merlo, E., Fernández-López, J. (2004) Juvenile – mature genetic correlation in Pinus pinaster Ait. under different nutrient x water regimes. Silvae Genetica 53(3):124-129

(R-pp-3) Merlo, E., Fernández-López, J. (2004) Análisis del balance parental reproductivo en un huerto semillero de Pinus pinaster Ait. Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales 13(2):387-397

(R-pp-2)  Zas, R., Merlo, E., Fernández-López, J. (2003) Genetic parameter estimates for Maritime pine in the Atlantic Coast of North-West Spain. Forest Genetics 11:45-53