Piñeiro insigne

Piñeiro insigne

Insignis pine
DISTRIBUCIÓN

O piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don) é unha conífera non autóctona de elevada importancia económica en España, especialmente no norte, debido á calidade da súa madeira.

É unha especie orixinaria de América do Norte, onde actualmente se encontra reducida a súa área natural a cinco enclaves, tres deles en California (Ano Novo, Monterrey e Cambria) e os outros dous en illas mexicanas (Guadalupe e Cedros). Nos devanditos enclaves, ocupa hoxe en día tan só ao redor de 6.000 ha. Non obstante, debido ao seu rápido crecemento e á calidade da súa madeira, xa na 1ª metade do S. XX era a conífera máis plantada no mundo. Actualmente as plantacións desta especie ocupan 4,2 millóns de ha no mundo, sendo Chile, Nova Zelandia e Australia os países con maior superficie plantada (1,5; 1,5 e 0,77 millóns de ha, respectivamente), se ben tamén hai plantacións de importancia en países como España, Sudáfrica, Ecuador e Arxentina, entre outros. A madeira do piñeiro insigne emprégase nos distintos países do mundo para a produción de pasta de papel, madeira de serra, así como para producir madeira estrutural, taboleiros de fibras e partículas.

Distribución do piñeiro isigne en Norteamérica (Departamento de Agricultura dos Estados Unidos)

 

Distribución do piñeiro isigne en Norteamérica
(Departamento de Agricultura dos Estados Unidos)

Distribución do piñeiro insigne introducido en España (Terceiro Inventario Forestal Nacional)

 

Distribución do piñeiro insigne introducido en España
(Terceiro Inventario Forestal Nacional)

O piñeiro insigne pode vivir dende o nivel do mar ata 800 m de altitude. É moi susceptible ás baixas temperaturas debido ao seu carácter policíclico, sufrindo danos por debaixo de -10ºC. Os mellores crecementos conséguense con temperaturas en torno a 15ºC. Precisa dunha precipitación anual de 600-750 mm, se ben o óptimo se establece en 1.500-2.000 mm. Prefire os chans silíceos profundos e húmidos, aínda que pode vivir tamén en areentos, presentando intolerancias aos encharcados, salinos e calcáreos.

En España as plantacións encóntranse distribuídas por toda a Cornisa Cantábrica, principalmente no País Vasco e Galicia. Tamén se poden encontrar en menor medida en Navarra, Burgos, León, Salamanca, Barcelona, Girona, Málaga e as Illas Canarias.

 SELECCIÓN DE ÁRBORES SUPERIORES E ENSAIOS DE PROXENIES. MELLORA PARA A PRODUCIÓN DE MADEIRA.

Orixe das proxenies galegas, hortos, sementeiros, ensaios de proxenies e de proxenies x fertilización

 

Orixe das proxenies galegas, hortos, sementeiros, ensaios de proxenies e de proxenies x fertilización

No 1992 iniciouse o programa de mellora xenética da especie en Galicia seleccionando 88 árbores superiores por carácteres importantes para a produción de madeira (crecemento, rectitude, ángulo de ramas, estado sanitario). Entre 1997 e 1998 instalouse un horto sementeiro clonal (H.S. Sergude, en Sergude -A Coruña-) con 76 clons. Ademais nos anos 2001-2002 instaláronse tres ensaios de proxenie (Benade -Lugo-, Daneiro -A Coruña- e Monte Xalo –A Coruña-) nos que se plantou material de 49 familias galegas, 6 familias do programa de mellora do País Vasco e tres lotes de semente comercial (controis). En 2003 instaláronse tres ensaios de proxenie máis con 29 familias e dous controis. As medicións de crecemento, forma do fuste e copa, policiclismo, ramosidade e estado sanitario ata a idade de tres anos permitiron estimar os parámetros xenéticos, a interacción xenotipo-ambiente e a estabilidade dos xenotipos a idades xuvenil. Destas análises conclúese que toda Galicia se pode considerar unha única zona de mellora e que se pode avanzar na mellora desta especie por carácteres como crecemento, forma de fuste e ramosidade, pois son carácteres herdables. Medicións realizadas aos 10 anos están a permitir estimar de novo os parámetros anteriores a esta idade. Ademais estas últimas medicións permitiron seleccionar o mellor individuo de cada proxenie para a nova Poboación Principal de Mellora e os mellores catro xenotipos para os grupos de mellora definidos para a Poboación Élite (crecemento, rectitude, lonxitude de entrenó e resistencia a Dothistroma pini, causante da banda vermella).

Na actualidade estase a levar a cabo a recolección de semente e o enxertado das novas árbores superiores seleccionados que formarán a Poboación Principal de Mellora de 2ª xeración, así como o enxertado dos compoñentes da Poboación Élite para poder comezar a realizar os cruzamentos controlados entre os mesmos.

PUBLICACIÓNS

(R-pr-12) Codesido, V., Zas, R., Fernández-López, J. (2012) Juvenile-mature genetic correlations in Pinus radiata D. Don. under different nutrient × water regimes in Spain. European Journal of Forest Research 131(2):297-305

(R-pr-11) Codesido, V., Fernández-López, J. (2009) Implication of genotype × site interaction on Pinus radiata breeding in Galicia. New Forests 37(1):17-34

(R-pr-10) Codesido, V., Fernández-López, J. (2009) Genetic variation in seasonal growth patterns in radiata pine in Galicia (northern Spain). Forest Ecology and Managementm 257(2):518-526

(R-pr-9)            Zas, R., Sampedro, L., Moreira, X., Martíns, P. (2008) Effect of fertilization and genetic variation on susceptibility of Pinus radiataseedlings to Hylobius abietis damage. Canadian Journal of Forest Research 38(1):63-72

(R-pr-8) Codesido, V., Fernández-López, J. (2008) Juvenile genetic parameter estimates for vigour, stem form, branching habit and survival in three radiata pine (Pinus radiata D.Don) progeny tests in Galicia, NW Spain). European Journal of Forest Research 127(4):315-325

(R-pr-7) Codesido, V., Fernández-López, J. (2008) Interacción familia x sitio para Pinus radiata D. Don en Galicia. Implicaciones en el plan de mejora de la especie. Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencia Forestal 24:21-26

(R-pr-5) Zas, R., Pichel, F., Martíns, P., Fernández-López, J. (2006) Fertilization x genotype interaction in Pinus radiata open pollinated families planted in three locations in Galicia (NW Spain). New Forests 32(3):253-263

(R-pr-4) Codesido, V., Merlo, E., Fernández-López, J. (2005) Variation in reproductive phenology in a Pinus radiata D. Don seed orchard in northern Spain. Silvae Genetica 54(4-5): 246-256