16 variedades tradicionais de castaña galegas no Rexistro de Variedades Comerciais

Inscripción no Rexistro de Variedades Comerciais de 16 variedades tradicionais de castaña galega
Lourizán, 6 de maio de 2016.- A Orde AAA/605/2016, de 20 de abril, pola que se dispón a inclusión de variedades de distintas especies no Rexistro de Variedades Comerciais (BOE Núm. 101 do mércores 27 de abril de 2016) inclúe no rexistro como variedades con Descripción Oficialmente Recoñecida (DOR) as seguintes 16 variedades galegas de castaña:
Especie: Castiñeiro – Castanea sativa Mill
Inscrición definitiva:
20160129 Amarelante | 20160130 Branca | 20160131 De Parede | 20160132 De Presa
20160133 Famosa | 20160134 Garrida | 20160135 Inxerta | 20160136 Longal
20160137 Loura | 20160138 Luguesa | 20160139 Negral | 20160140 Picona
20160141 Puga de Afora | 20160142 Raigona | 20160143 Rapada | 20160144 Ventura
Na Guía de cultivo do castiñeiro para a produción de castaña, editado pola Xunta de Galicia no ano 2014, descríbense as zonas de uso tradicional destas variedades, así como as súas características produtivas e de calidade.