Árbores á carta para preparar Galicia ante o cambio climático

Un proxecto europeo estuda a adaptación de distintas especies ás posibles condicións climáticas futuras. Noticia publicada por La Voz de Galicia o 02.12.2017
O proxecto europeo Reinfforce no que participa o Centro de Investigación Forestal de Lourizán trata de buscar resposta ao efecto do cambio climático sobre as nosas masas forestais e faino grazas a unha rede formada por centros de investigación de doce países europeos.
Para logralo creáronse 38 arboretos que funcionan como lugares de experimentación. Repártense por toda a franxa atlántica. O situado máis ao norte é o da illa escocesa de Mull. O punto máis ao sur está nas Azores. En cada un deles plantáronse 32 especies diferentes de árbores, con tres procedencias distintas para cada unha.
Unha vez plantados hai que tomar todo tipo de datos sobre a súa adaptación ao lugar. Mídese a supervivencia, o crecemento, a fenoloxía e tamén as patoloxías, é dicir, o tipo de pragas ou enfermidades que atacan a cada tipo de árbore. Cos datos recollidos ao largo de toda a rede é posible detectar qué especies e procedencias se axustan mellor a cada característica climática, para así, se no futuro aumentan ou descenden as precipitacións ou as temperaturas, ter unha serie de escenarios cos que compararnos para buscar o máis parecido ás novas condicións. Só habería que ver qué especies funcionaron mellor neles e usalas para repoboar os nosos montes.
A noticia ao completo pode lerse no seguinte enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/12/02/arboles-carta…