ASÍ TRABALLA O CIF DE LOURIZÁN

ASÍ TRABALLA O CIF DE LOURIZÁN

ASÍ TRABALLA O CIF DE LOURIZÁN

O pasado 06.03.2022 publicouse no Diario de Pontevedra unha reportaxe sobre as liñas de investigación que se desenvolven neste centro e o noso papel á hora de impulsar o coñecemento, a conservación e a mellora do medio forestal.

Adscrito á Consellería do Medio Rural da Xunta e incluído na estrutura da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria ( AGACAL), a traxectoria do noso centro vén de lonxe. Creado en 1943, foi pioneiro non só na mellora xenética de especies forestais, senón tamén nos estudos sobre a prevención de incendios e a súa incidencia sobre o medio, e ao longo das décadas foi estendendo o seu coñecemento e as súas áreas de traballo.

Tal e como explica o seu director, Enrique Martínez Chamorro, o obxectivo do noso centro é "deseñar as liñas de investigación e innovación que marca o Plan de Innovación e Mellora Forestal de Galicia para o período 2021-2025 tratando de involucrar ás entidades públicas e privadas, asociacións, organizacións e empresas", así como "transferir e divulgar os coñecementos obtidos ao sector e á sociedade en xeral" para contribuír á mellora e desenvolvemento forestal. E todo isto faio no marco do denominado 'Contrato de Xestión Agacal 2021-2014' e do 'Plan Forestal de Galicia 2021-2014 cara á neutralidade carbónica'.

Para eses fins, o CIF desenvolve varios programas: un de defensa do monte contra incendios, outro de adaptación e preservación dos ecosistemas ao cambio climático, outro de mellora xenética e outro de mellora silvícola. Pero, en que consisten? O de mellora xenética, por exemplo, centra os seus proxectos no piñeiro (o Pinus pinaster e o Pinus radiata), o castiñeiro, a cerdeira para madeira e o carballo (Quercus robur), así como na conservación e mantemento de material xenético doutras coníferas de interese forestal.

Poden ler a reportaxe completa na seguinte ligazón:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/nuestra-labor-é-i…- conservacion-mellora-medio-forestal/202203061223571188972.html