A ASOCIACIÓN BIODIVERSIDADE EN GALICIA DOA MEDIO MILLEIRO DE EXEMPLARES Á COLECCIÓN DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL

Nova publicada na Voz de Galicia o 14.03.2021
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Consellería do Medio Rural, acaba de recibir máis de 500 grilos preparados, estendidos e agrupados por especie. Trátase dunha doazón efectuada pola asociación Biodiversidade en Galicia.
Esta doazón permite practicamente duplicar o número de especies de grilos coñecidas en Galicia, debido a que ata o de agora había constancia da existencia de 8 especies e agora o número de eleva a 14. Isto fai da colección do CIF de Lourizán unha das mellores e máis completas deste tipo en Galicia.
Poden ler a nova ao completo no seguinte enlace:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2021/03/14/lou…