AVALIACIÓN DA CALIDADE DA MADEIRA DOS PROGRAMAS DE MELLORA XENÉTICA DE PIÑEIRO GALEGO E PIÑEIRO RADIATA DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O CIF de Lourizán, en colaboración cos socios do grupo operativo supraautonómico GenMaC (Recursos genéticos para el abastecimiento sostenible de madera de calidad de coníferas), creado para promover o uso dos mellores materiais forestais de reprodución para incrementar a productividade e calidade da produción de madeira para ser competitivos en toda a cadea forestal, estamos avaliando características de gran interese relacionadas coa calidade da madeira: densidade básica, módulo dinámico de elasticidade e perfil densitométrico.

Todos estes caracteres están sendo medidos, mediante métodos non destrutivos, en parcelas pertencentes aos ensaios do programa de mellora xenética de piñeiro galego e de piñeiro radiata do CIF de Lourizán.

No seguinte vídeo podedes coñecer un pouco máis en profundidade o traballo que estamos a realizar:

https://youtu.be/eZGc_i-oCPk