CAPTURA DE INFORMACIÓN MEDIANTE DRON NO PROXECTO LIFE-SILFORE

Voos con nave non tripulada previstos para o ano 2023
Nestes días realizáronse os voos con nave non tripulada previstos para o ano 2023 no proxecto LIFE-Silfore “Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo”. Voáronse sete parcelas de demostración: tres en Galicia (Cenlle, Moaña e Ribeira de Piquín), dous en Asturias (Illano e Coaña) e dous no País Vasco (Orozko e Iruraiz-Gauna). Coa información capturada por este dron, o cal está equipado cun sensor LiDAR e cámara multiespectral, xeraranse modelos dixitais do terreo, modelos de altura da vexetación, métricas LiDAR e os índices NDVI e NDRE.
O proxecto LIFE-Silfore está enfocado na procura de novos métodos para lograr que as masas forestais das zonas atlánticas e subatlánticas sexan máis resilientes ao cambio climático; centrado na aplicación de medidas silvopastorales para previr incendios forestais, aumentar a biodiversidade e promover o desenvolvemento da economía rural. Neste proxecto participan o Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario (NEIKER), a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), o Instituto Politécnico de Bragança (IPB, Portugal), o Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario do Principado de Asturias (SERIDA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta iniciativa ten un prazo de execución desde o 01/09/2022 ata o 31/08/2027.