COLABORACIÓN DO CIF DE LOURIZÁN NO PROXECTO INCREDIBLE

O CIF de Lourizán- AGACAL está a colaborar co proxecto INCREDIBLE ( https://www.incredibleforest.net/es/) que ten como obxectivo fomentar a comunicación e a transferencia de coñecemento para poñer de relevo e impulsar unha innovación real e efectiva dos Produtos Forestais Non Maderables ( PFNM) como a cortiza, as resinas naturais, os fungos e plantas aromáticas.
Publicouse un folleto informativo titulado “A wider resin tapping face to enhance resin and timber use compatibility in Galicia, Spain.”, que traducido significa: “Unha cara de resinación máis ancha para mellorar a compatibilidade entre o aproveitamento resinero e madeireiro en Galicia, España”, onde se describe os estudos que o CIF de Lourizán está a levar a cabo para compatibilizar e facer rendible a resinación e a madeira en masas de Piñeiro do País (Pinus pinaster Ait.) en Galicia; analizando o contexto, os obxectivos, os resultados, o impacto e as súas debilidades e o seu futuro desenvolvemento
Máis información en: https://repository.incredibleforest.net/oppla-factsheet/20468