Colaboración entre o CIF de Lourizán e a Sociedad de Resinas Naturales, S.L.

Comezan os traballos de colaboración sobre resinación en Galicia
Lourizán, 6 de maio de 2016.- O Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF) e a Sociedad de Resinas Naturales, S.L. colaborarán co fin de coñecer as posibilidades produtivas da resina en Galicia. Esta Campaña 2016 centrarase nos traballos de resinación que se están realizando no Monte Fonte Fría da Comunidade de Montes de San Clemente de César (Caldas de Reis, Pontevedra).