Comunicación oral e póster - IUFRO 125 Anniversary Congress

Representación do CIF de Lourizán no IUFRO 125 Anniversary Congress
Raquel Díaz Vázquez, investigadora do CIF de Lourizán, acudiu como representante do centro ao IUFRO 125 Anniversary Congress, que tivo lugar do 18 ao 22 de setembro en Friburgo (Alemania).
Na súa comunicación oral presentou os avances no programa de mellora xenética de P. pinaster fronte ao nematodo da madeira do pino. Tamén realizou a presentación dun póster sobre o estudo da resistencia inducida e a mortalidade pola enfermidade do marchitamento do pino causado polo nematodo da madeira do pino (Bursaphelenchus xylophilus).