Vostede está aquí

CORTA DE PIÑEIROS RESINADOS NO PROGRAMA A LABRANZA DA TVG

CORTA DE PIÑEIROS RESINADOS NO PROGRAMA A LABRANZA DA TVG
06 Febreiro, 2019
Programa A Labranza da TVG emitido o 03.02.2019

Hai uns anos a actividade de resinado de piñeiros volvía repuntar nos montes galegos ante o aumento de demanda de resina natural por parte da industria. Dende o CIF de Lourizán quíxose estudar o sistema máis axeitado para o resinado dos piñeirais galegos, para o que dispuxeron varios campos de ensaio, un deles no monte veciñal de Caldas de Reis. Tres anos despois chegou a quenda de corta destes piñeiros e agora, en colaboración coa empresa Finsa, queren estudar a compatibilidade de resinado dos piñeiros co seu aproveitamento madereiro.

Para saber máis podedes ver o programa ao completo no seguinte enlace (a partir do minuto 7.55):

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-1503-4029961?t=478