DEFENSA DE TESE DOUTORAL

DEFENSA DE TESE DOUTORAL

Tese doutoral titulada "Modelo de xestión sostible para o aproveitamento compatible de madeira e resina en masas de Pinus pinaster Ait. de Galicia", cuxo autor é Alberto García Méijome

O acto de defensa da tese doutoral titulada "Modelo de xestión sostible para o aproveitamento compatible de madeira e resina en masas de Pinus pinaster Ait. de Galicia", cuxo autor é Alberto García Méijome, terá lugar no salón de actos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra), o día 28 de xuño ás 11:30 horas.

Esta tese está dirixida polos doutores Esteban Gómez García (CIF Lourizán) e Juan Picos Martín (Universidade de Vigo). O tribunal encargado de xulgar a tese estará formado polos doutores Rafael Zas Arregui (Misión Biolóxica de Galicia – CSIC), José Carlos Souto Otero (Universidade de Vigo) e Maria Emília Calvão Moreira Silva (Universidade de Tras-Móntesvos- e Alto Douro, Portugal).

Esta tese adscríbese ao “Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible” (http://pdcrea.webs.uvigo.es/es/) da Universidade de Vigo. O doutorando realizou a súa tese no CIF Lourizán ao amparo dunha axuda para contratos predoctorales para a formación de doutores, convocatoria 2017, dentro do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade.

Máis información no seguinte enlace:

/sites/default/files/novas/documentos/Cartel_Tesis_Alberto.pdf

Resumo da tese: A resina ou miera é unha secreción que producen certas plantas, principalmente as coníferas, cando son estimuladas por métodos físicos e/o químicos. O aproveitamento de resina a partir do método de pica de cortiza con estimulación química é un procedemento ou técnica para a obtención de resina que consiste en practicar incisiones (picas) na cortiza das árbores coa aplicación de estimulante químico.

En España aplícase principalmente na especie Pinus pinaster Ait. cando excederon os 30 cm de diámetro. O aproveitamento resinero está en auxe nos últimos anos como unha posibilidade de xerar ingresos complementarios á produción madeireira nos piñeirais de Galicia. As peculiaridades do monte galego (minifundio, pendente, matogueiras, altas densidades...) implican ter rendementos e custos diferentes aos piñeirais que se resinan no resto de España.

Nesta tese estudouse o método de resinación de pica de cortiza con estimulación química para masas de Pinus pinaster en Galicia. A finalidade é adaptar o aproveitamento resinero ás características do monte galego e como actividade complementaria ao aproveitamento principal que é a madeira. En primeiro lugar, estudouse a produción de resina e a influencia de diferentes variables como son o efecto da localización, número de caras, ancho de fronte e ano de produción. A finalidade é establecer o tratamento e a selección de localidades máis adecuadas para produción de resina no noroeste da Península Ibérica diferenciándose do modelo tradicional establecido para outras zonas resineras.

En segundo lugar, tomáronse datos das producións de resina de todas as árbores e os rendementos dos labores do proceso de resinado para a posterior avaliación da rendibilidade deste aproveitamento e poder así elixir o aproveitamento máis rendible para os montes de Galicia. Tamén se modelizaron as distribucións de produción de resina por parcela (onde as parcelas diferenciábanse pola localización, estimulantes utilizados, método de resinación ou ano de produción).

Finalmente, era moi importante poder responder as dúbidas que xurdían entre os principais produtores de madeira de piñeiro (particulares e comunidades de montes) sobre se o aproveitamento resinero podía afectar á madeira destinada a aserrado e así poder dar resposta ao rexeitamento previo existente a esta actividade. Para iso realizouse unha proba industrial de aserrado.

A partir dos resultados publicados destes estudos, poderemos abrir outras liñas de investigación máis innovadoras como pode ser a mellora e mecanización dos traballos de resinado, xa que supoñen un gran esforzo físico para os resineros. Tamén será necesario dotar de maior valor engadido á resina a partir da recolección en envase pechado para conservar todos os compostos volátiles que coa resinación tradicional pérdense.