Vostede está aquí

DOUS INVESTIGADORES DO CIF DE LOURIZÁN EXPLICARÁN NUN FORO MUNDIAL EN BRASIL COMO APROVEITAR A RESINA DOS PIÑEIROS

DOUS INVESTIGADORES DO CIF DE LOURIZÁN EXPLICARÁN NUN FORO MUNDIAL EN BRASIL COMO APROVEITAR A RESINA DOS PIÑEIROS
23 Setembro, 2019
Nova publicada no portal web Pontevedraviva o 14.09.2019

Dous investigadores do Centro de investigación Forestal (CIF) de Lourizán viaxarán á cidade brasileira de Curitiba para participar nun congreso forestal mundial a finais deste mes de setembro.

Neste encontro internacional, ambos explicarán o aproveitamento da resina procedente dos piñeiros. Expoñerán os ensaios que realizaron para determinar as posibilidades do seu uso mediante pica con cortiza de fronte ancha previa ao corte final en masas de piñeiros en Galicia.

O sector madeireiro amosou interese por estes avances sempre que sexan compatibles coa produción de madeira de calidade. O CIF de Lourizán leva un ano traballando en ensaios de resinación e está previsto que finalicen en 2021 para conseguir unha produción complementaria de resinas antes de realizar o corte final de madeira.

Poden ler a nova aco completo no seguinte enlace.

https://pontevedraviva.com/xeral/57580/dous-investigadores-centro-forestal-lourizan-foro-mundial-brasil-resina-pineiros-brasil/?lang=gl