DÚAS REPORTAXES SOBRE INVESTIGACIÓNS DO CIF DE LOURIZÁN NO PROGRAMA A LABRANZA

DÚAS REPORTAXES SOBRE INVESTIGACIÓNS DO CIF DE LOURIZÁN NO PROGRAMA A LABRANZA

DÚAS REPORTAXES SOBRE INVESTIGACIÓNS DO CIF DE LOURIZÁN NO PROGRAMA A LABRANZA

Programa A Labranza da TVG emitido o 16.12.2018

Dende que se detectou por primeira vez no ano 2014 a praga da vespa do castiñeiro, esta non deixou de espallarse polos nosos soutos. Para tratar de freala dende o CIF de Lourizán levamos a cabo unha investigación para tratar de identificar a tolerancia de certas variedades de castiñeiro á vespa; despois de catro anos de estudo xa temos as primeiras conclusións, que se acaban de publicar en forma de folleto divulgativo.

Por outra banda, as cerdeiras cultiváronse dende sempre en Galicia polos seus froitos, pero tamén poden producir unha madeira de excelente calidade que se valora xa en moitos países europeos, o que podería ser unha alternativa para o noso sector forestal. E que mellor que empregar variedades locais adaptadas ás nosas condicións climáticas; nesa selección levamos traballando no CIF de Lourizán desde a década dos noventa e xa se teñen os primeiros resultados.

Para saber máis sobre estes dous temas podedes ver o programa ao completo no seguinte enlace (a cerdeira a partir do minuto 31.30):

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza_1499-emitese-o-domingo-3987294…