ENSAIOS SILVÍCOLAS E TOMA DE DATOS CON TECNOLOXÍA LiDAR

ENSAIOS SILVÍCOLAS E TOMA DE DATOS CON TECNOLOXÍA LiDAR

ENSAIOS SILVÍCOLAS E TOMA DE DATOS CON TECNOLOXÍA LiDAR

Actividade de transferencia 2020 do CIF de Lourizán

O pasado 5 de novembro tivo lugar na mouteira de ensaios de Frades (A Coruña) a xornada de transferencia "Ensaios silvícolas axeitados para planta de piñeiro mellorada. Toma de datos con tecnoloxía Lidar". 

No ano 2016, en colaboración coa empresa Finsa, o CIF de Lourizán inaugurou nesta localidade unha parcela de experimentación de Pinus pinaster e Pinus radiata coa idea de recoller as mellores semillas de ámbalas dúas especies previamente seleccionadas xeneticamente. Pretendíase estudar que densidade de plantación se debería utilizar, cal era o método máis axeitado de preparación do terreo e como debía de levarse a cabo a fertilización. Con todo isto esperábanse obter evidencias científicas que aportaran unha idea de cal era a forma ideal de realizar estas plantacións, sobre todo enfocada cara a industria madereira.

Na xornada os técnicos do CIF aportaron datos para coñecer a situación actual da investigación e, ademais, os presentes puideron aprender a utilizar a tecnoloxía Lidar para a obtención de datos en silvicultura. Esta tecnoloxía consiste nun sistema láser que calcula medidas varibles dendrometicas (coma a altura da árbore) mediante o uso dun dron.