ENTREGA DO III PREMIO CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA, VIGO E VILAGARCÍA DE AUROSA Á INNOVACIÓN FORESTAL 2021

ENTREGA DO III PREMIO CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA, VIGO E VILAGARCÍA DE AUROSA Á  INNOVACIÓN FORESTAL 2021

O CIF de Lourizán acolleu nas súas instalacións o acto de entrega do III Premio Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Aurosa á  innovación Forestal 2021. Este premio, nado polo interese de potenciar o sector forestal de Galicia e contribuír a lograr a súa excelencia, tamén reafirma a canteira de emprendedores e pon en valor a aposta pola innovación.

O gañador foi Asefor – Bikenta, cunha plataforma web de acceso á información personalizada da xestión das parcelas forestais de todos os propietarios ou xestores forestais que certifican a súa xestión dentro do Grupo Alvariza de certificación forestal.

Tamén se entregou un áccesit á empresa Hifas da Terra, polas súas investigacións no aproveitamento de residuos forestais e biorremedación de solos afectados por incendios forestais.

 

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/asefor-bikenta-ga…