EVENTO FINAL DO PROXECTO EPYRIS

PROYECTO EPYRIS: “Estratexia conxunta para a protección e restauración dos ecosistemas afectados por Incendios Forestais (Xestión integrada en zonas naturais de alto risco)”. SOE2/P5/E0811
O proxecto EPyRIS ofreceu unha estratexia de xestión conxunta que permite abordar eficazmente os riscos derivados da ocurrencia de incendios forestais en espazos naturais do sudoeste europeo, que comparte a amenaza dos incendios forestais aumentada nun escenario de cambio socioeconómico e cambio climático.
Despois de tres anos de traballos, os vindeiros 23 e 24 de febreiro celebrarase o evento final do proxecto, que terá lugar no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Este evento será presencial para membros do consorcio e convidados dos socios ata un máximo de trinta persoas; tamén existirá a posibilidade de asistencia en liña vía plataforma de streaming/videoconferencia.
Poden atopar máis información sobre o evento no seguinte enlace:
/sites/w_forlou/files/novas/documentos/evento_final_proyecto_epyris_.pdf