IDENTIFICADOS OS CASTIÑEIROS MÁIS TOLERANTES Á PRAGA DA AVESPIÑA

Nova publicada na web Campo Galego o 15.11.2018
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán determina cales son os clons híbridos e as variedades tradicionais de froito que presentan menor infestación, o que servirá de orientación para novas plantacións.
As conclusións de Lourizán, que se seguirán afinando en próximos anos, permiten xa orientar novas plantacións, así coma a selección de materiais forestais de reprodución nos viveiros. O traballo foi elaborado por Beatriz Míguez, Enrique Martínez e Josefa Fernández.
Para o verán do 2019, espérase unha ampliación dos resultados da investigación de Lourizán. Na próxima campaña, está ademais previsto facer unha avaliación do impacto da avespiña no desenvolvemento e produtividade das diferentes variedades tradicionais e clons híbridos.
Por outra banda, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán continúa a traballar na mellora xenética do castiñeiro, un proxecto no que aspira a obter clons ben adaptados ó interior de Galicia e que sexan resistentes tanto á avespiña do castiñeiro como ás dúas enfermidades tradicionais da especie en Galicia, a tinta e o chancro.
No seguinte enlace pódese leer o artigo ao completo:
http://www.campogalego.com/forestal/identificados-os-castineiros-mais-tolerantes-praga-da-avespina/