INVESTIGACIÓN SOBRE A CERDEIRA NO CIF DE LOURIZÁN

Investigación centrada na madeira das cerdeiras
O pasado 28 de novembro o Telexornal da TVG adicou unha reportaxe á investigación sobre a madeira de cerdeira que se leva a cabo no CIF de Lourizán.
O CIF conta cunha plantación de cerdeiras que se realizou hai vinte anos. Foron o froito dun traballo que comezou en 1996 para recoller, conservar e seleccionar as cerdeiras galegas que mellores calidades presentaban para a produción de madeira. Fixeron tres prospeccións por toda Galicia e recolleron material dunhas duascentas árbores, que se conservan no banco de xermoplasma do centro. Plantáronse aquí para telas nas mesmas condicións de clima e de solo, e poder estudar distintas características de produción.
Así seleccionaron os dous primeiros clons que rexistraron en 2011 e 2012. Destacaban polo seu crecemento anual, de máis dun metro ao ano, e pola rectitude do fuste. Esta primavera rexistraron outros tres que mesmo os superan, e xa están en disposición de transferilos aos viveiros para que os reproduzan.
Pódese ver a reportaxe ao completo no seguinte enlace: