LOURIZÁN ANALIZA A COMPATIBILIDADE DO APROVEITAMENTO DA RESINA DE PIÑEIROS CO USO MADEIREIRO

Nova publicada na web Campo Galego o 28.01.2019
O resinado de piñeiros do país, unha actividade da que se están a desenvolver numerosas experiencias en Galicia, afronta estes días unha proba decisiva. Contrastados xa os datos de produción do resinado en Galicia, onde é posible obter rendementos medios que superan os 3 quilos anuais por árbore, toca agora comprobar que a resinación é compatible co aproveitamento madeireiro dos piñeiros. Para iso, o Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, coa colaboración de Finsa, vén de cortar 45 pés dunha masa resinada en Caldas de Reis os últimos tres anos.
O sistema de resinación que se está a seguir en Galicia, na liña das propostas de Lourizán, é o resinado a fin de quenda, os anos previos á corta das árbores. É un sistema diferente ó que se segue nas grandes zonas resineiras de España, nas que realizan resinados da mesma árbore durante 25 anos, o que si ten repercusións sobre o seu aproveitamento madeireiro.
As expectativas do CIF Lourizán apuntan a que o resinado a fin de quenda poida ser unha práctica axeitada para Galicia cando se compatibilice coa obtención de madeira de calidade. Estes días, o Centro, en colaboracion coa empresa Finsa, procedeu á corta de 45 pés dun piñeiral da comunidade de montes de San Clemente, en Caldas, co obxectivo de verificar as características da madeira. Cortáronse 30 piñeiros resinados durante os últimos tres anos e outros 15 testigos sen resinar, todos eles en turno de corta, con 30 anos de idade.
No seguinte enlace pódese leer o artigo ao completo:
http://www.campogalego.com/forestal/lourizan-analiza-compatilidade-apro…