LOURIZÁN CONSOLIDA OS SEUS BANCOS DE CLONS DE SECUOIAS E PIÑEIRO DE OREGÓN, CONÍFERAS QUE VE DE INTERESE EN GALICIA

Nova publicada na web Campo Galego o 20.05.2021
O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán traballa na revitalización de varios dos seus bancos xenéticos forestais, co fin de avanzar na prevención e loita fronte a pragas e enfermidades. Outro dos seus obxectivos é anticiparse ás novas condicións provocadas polo cambio climático.
Os investigadores do CIF están a realizar labores silvícolas para poñer en valor estes bancos de clons, co fin de efectuar a súa propagación vexetativa mediante estaquillado. O obxectivo é obter copias do material destes bancos para completalos e crear novas réplicas noutros terreos públicos, conseguindo deste xeito o seu rexuvenecemento e conservación.
Poden ler a nova ao completo no seguinte enlace: https://www.campogalego.gal/lourizan-consolida-os-seus-bancos-de-clons-…