LOURIZÁN ESTÁ A UN PASO DE CATALOGAR PIÑEIROS RESISTENTES AO NEMATODO

LOURIZÁN ESTÁ A UN PASO DE CATALOGAR PIÑEIROS RESISTENTES AO NEMATODO

LOURIZÁN ESTÁ A UN PASO DE CATALOGAR PIÑEIROS RESISTENTES AO NEMATODO

Nova publicada na web Campo Galego o 12.02.2019

Galicia está máis preto de contar con plantas de piñeiro que sexan resistentes ó nematodo. O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán tramitará proximamente a catalogación de familias de piñeiros que presentan unha alta supervivencia á praga.

O equipo de Lourizán que traballa co nematodo, coordinado por Raquel Díaz, identificou un mínimo de tres familias que presentan unha alta tolerancia á praga, unha delas con ata un 82% de supervivencia en condicións de invernadoiro, fronte a unha media do 61% do resto de materiais seleccionados para a fase final de avaliación. Tamén se identificaron, dentro de cada familia, árbores especialmente tolerantes que sobreviviron ata a tres inoculacións do nematodo.

A catalogación de familias de piñeiros resistentes ó nematodo é o primeiro paso para que nun futuro comunidades de montes e propietarios forestais teñan acceso a planta tolerante á praga. En que prazo pode estar esa planta a disposición do sector?. Polo momento non hai unha resposta sinxela.

No seguinte enlace pódese leer o artigo ao completo:

http://www.campogalego.com/forestal/lourizan-esta-un-paso-de-catalogar-…