LOURIZÁN IDENTIFICA CRUCES DE CASTIÑEIRO CON RESISTENCIAS Á PRAGA DA AVESPIÑA

LOURIZÁN IDENTIFICA CRUCES DE CASTIÑEIRO CON RESISTENCIAS Á PRAGA DA AVESPIÑA

O Centro de Investigación Forestal acadou unhas primeiras conclusións preliminares, que serán máis amplas e consistentes no 2018. Os resultados do proxecto servirán para orientar as novas plantacións de soutos

A praga da avespiña do castiñeiro, que se detectou por primeira vez en Galicia no 2014, está xa practicamente extendida a toda a comunidade. Para combatir o problema, a loita biolóxica por medio da solta dun insecto parasitoide, o ‘Torymus sinensis’, preséntase como a única solución a curto prazo, pero no medio prazo, existen perspectivas doutras vías para reducir o impacto da avespa do castiñeiro. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán traballa na identificación de clons, variedades e cruces controlados que presenten resistencias ou tolerancias á praga.

O equipo de investigación que traballa coa avespiña en Lourizán, coordinado por Josefa Fernández, iniciou os seus traballos no 2015, ao pouco de detectarse a praga en Galicia. O proxecto desenvólvese nun invernadoiro – insectario, pechado hermeticamente para evitar escapes accidentais da praga, no que se expoñen clons, cruces e variedades tradicionais de castiñeiros á infestación libre pola avespa.

Os primeiros ensaios, iniciados no 2015, centráronse en clons híbridos orientados á produción forestal, así como en cruces controlados entre variedades serodias (‘Garrida’, ‘De Parede’ e ‘Presa’) con híbridos eurasiáticos. Tamén se valoraron dúas árbores das especies asiáticas Castanea crenata e Castanea mollissima. No 2016 extendéronse os ensaios a 10 variedades de castiñeiro de froito e no 2017 o proxecto abarcou un total de 26 variedades de castiñeiro de froito, entre as cales se atopan as variedades máis demandadas, así coma un maior número de clons orientados á produción forestal.

A nova foi publicada na páxina web de Campo Galego, no seguinte enlace pódese acceder á nova completa:

http://www.campogalego.com/forestal/lourizan-identifica-cruces-de-casti…