LOURIZÁN IMPLÍCASE NUN PLAN PARA IMPULSAR A PRODUCIÓN DA CERDEIRA E DO CARBALLO

A Consellería do Medio Rural reforza a aposta polas frondosas autóctonas cun convenio coa Fundación Paideia para impulsar especies como a cerdeira e o carballo
A Consellería de Medio Rural puso en marcha un proxecto coa Fundación Paideia para impulsar a produción da cerdeira e do carballo cun convenio para fomentar o material forestal de reprodución. A finalidade deste é favorecer as demandas do sector forestal galego e contribuír a diminuír a forte dependencia externa na comercialización destas especies. Deste modo, abastecerase ao sector de planta de calidade que poida ser empregada nos montes galegos e así garantir a xeración de recursos para os seus propietarios e para a industria.
O CIF de Lourizán encargarase da transferencia do material mellorado xeneticamente e coa trazabilidade necesaria de cerdeira, mentras que no caso do carballo empregarase material xenético proveniente do convenio de colaboración firmado coa Fundación Juana de Vega.
A Fundación Paideia incrementará e optimizará o protocolo de cultivo in vitro de clons de cerdeira, a partir dos seleccionados polo seu crecemento e resistencia a enfermidades e comprométese a utilizar só o material vexetal suministrado polo CIF de Lourizán e a entregar o que se xere á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, ambas entidades dependentes de Medio Rural.