LOURIZÁN PREVÉ OBTER NOVOS CLONS DE CASTIÑEIRO ADAPTADOS Ó INTERIOR DE GALICIA

Noticia publicada na web Campo Galego o 30.01.2018
O Centro de Investigación Forestal traballa na obtención de novos clons que melloren a resistencia ó frío e á seca, que sexan tolerantes ás enfermidades e que presenten boa calidade de madeira ou boa compatibilidade ó enxerto coas variedades tradicionais enxertadas de castaña. Poderanse usar en plantacións para madeira e como portaenxertos para variedades de froito
Galicia contará en poucos anos cunha nova xeración de clons de castiñeiro adaptados ós retos ós que se enfronta a especie. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán traballa na obtención de plantas que destaquen pola súa resistencia ó frío e á seca, que presenten tolerancia a enfermidades e pragas -principalmente a tinta, o cancro e a avespiña do castiñeiro-, e que teñan boa calidade de madeira e sexan compatibles ó enxerto coas variedades tradicionais de castaña.
Un dos problemas que detectamos cos actuais clons híbridos de castiñeiro é que pasan por dificultades fronte ó frío e á seca, condicións habituais no interior de Galicia. A selección de novos clons trata precisamente de paliar eses problemas.
No seguinte enlace pódese ler a noticia ao completo:
http://www.campogalego.com/forestal/lourizan-preve-obter-novos-clons-de…