MEDIDAS FRONTE AO COVID-19

MEDIDAS FRONTE AO COVID-19

MEDIDAS FRONTE AO COVID-19

Debido á situación excepcional de estado de alarma que estamos a vivir por mor do COVID-19, informámoslle de que no CIF de Lourizán unicamente se desempeñarán con carácter presencial aquelas funcións de carácter esencial que poidan garantir unha prestación de servizo mínima.

Por tal motivo, quedan prohibidas as visitas ao recinto da Finca de Lourizán ata novo aviso. En canto a outras cuestións solicitadas habitualmente por vía telefónica ou por correo electrónico, só se atenderán aquelas que sexan consideradas urxentes ou que teñan carácter esencial.

A seguridade e saúde dos nosos traballadores é prioritaria, esperamos que saiban disculpar as molestias que esta decisión poida ocasionar.