NOVA PUBLICACIÓN EN TRANSFERENCIAS

NOVA PUBLICACIÓN EN TRANSFERENCIAS

NOVA PUBLICACIÓN EN TRANSFERENCIAS

Vense de compartir, na pestana de transferencias, unha nova publicación da investigadora do CIF de Lourizán Cristina Fernández Filgueira. A publicación leva por título "Efectos do lume prescrito na estrutura e diversidade vexetal de matogueiras de Galicia" e nela preséntanse os resultados da monitorización realizada polo CIF de Lourizán en dúas áreas de Galicia, onde o SPIF da Xunta de Galicia levou a cabo queimas prescritas ao final do inverno de 2021 e 2022 enmarcadas dentro do proxecto ENFIRES.

Este traballo está estruturado en tres partes:

- Concepto de réxime de lume. Resposta das especies de matogueira ao lume.

 - Revisión do uso do lume prescrito como ferramenta de xestión do hábitat.

- Variables para a monitorización das queimas prescritas. Resultados das queimas efectuadas no Monte Vaqueriza (Lugo) e Farelo (Pontevedra).

A publicación pode descargarse no seguinte enlace:

https://lourizan.xunta.gal/gl/transferencias/efectos-do-lume-prescrito-…