O CIF DE LOURIZÁN BUSCA CANDIDATOS PARA UNHA AXUDA PREDOUTORAL

Búscase candidato/a para solicitar unha axuda para contratos predoutorais para a formación de doutores sobre mellora xenética de Pinus pinaster e P. radiata para combatir a grave amenaza da enfermidade do murchamento do pino
O/a candidato/a integrarase dentro do grupo de investigación liderado pola Dra. Raquel Díaz Vázquez e traballará no marco do proxecto RTA2017-012-C02-01 “Selección de hospedantes resistentes como medida de control frente ao nematodo Bursaphelenchus xylophilus (NEMOPLAN)”. A tese desenvolverase no Centro de Investigación Forestal de Lourizán baixo a dirección da Dra. Raquel Díaz Vázquez.
Todas as persoas candidatas deben cumplir os requisitos establecidos na convocatoria, tal e como se indica nela; os criterios de avaliación das solicitudes serán o expediente académico do candidato (40 puntos) e a súa adecuación ao proxecto de investigación (60 puntos). Os méritos que máis se van a valorar á hora da elección do candidato/a serán o expediente académico e o nivel de inglés, así como a experiencia previa en temas relacionados co proxecto no que se vai traballar ou ter colaborado e/ou realizado publicacións relacionadas con dita temática.
Para aqueles/as candidatos/as que se queiran presentar, contactar previamente por correo electrónico con Raquel Díaz (raquel.diaz.vazquez [at] xunta.galtarget="_blank"). O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de outubro de 2018 ás 15:00 horas.
Pode encontrarse información detallada sobre la convocatoria no seguinte enlace