O CIF DE LOURIZÁN CELEBRA O SEU 75 ANIVERSARIO

O CIF DE LOURIZÁN CELEBRA O SEU 75 ANIVERSARIO

O CIF DE LOURIZÁN CELEBRA O SEU 75 ANIVERSARIO

Ángeles Vázquez acudiu ao acto de conmemoración no que destacou o traballo dos que fixeron deste un centro de referencia a nivel internacional

A Consellería do Medio Rural celebrou o 75 aniversario do Centro de Investigación Forestal de Lourizán cun acto ao que acudiu a conselleira, Ángeles Vázquez, e no que se puxeron en valor estas instalacións, que desenvolven un traballo crucial para o desenvolvemento dos montes galegos e da súa conservación.

Nesta conmemoración quíxose ter un recoñecemento especial para as mulleres e á súa contribución á ciencia forestal a través dunha exposición dedicada a elas. “Ao longo dos anos fixeron un labor encomiable neste sector, pero non sempre recoñecida”, declarou Ángeles Vázquez, que declarou a necesidade de avanzar nesta cuestión.

A conselleira fixo ademais un recoñecemento “aos que loitaron para a creación do centro e aos que o manteron co paso dos anos” porque foron eles os que converteron Lourizán nun “centro de referencia non só a nivel autonómico e estatal, senón internacional”.

Xunto ao director do centro, Enrique Chamorro, asistiron tamén á celebración o director da Axencia Galega de Galicia Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vazquez, e o director de Ordenación Forestal, Tomas Fernández-Couto, entre outras autoridades do sector.