O CIF DE LOURIZÁN E A FUNDACIÓN JUANA DE VEGA COMEZAN A PLANTACIÓN DE EXEMPLARES DE CARBALLO NA PARCELA EXPERIMENTAL DE TRASMIRAS

EL CIF DE LOURIZÁN Y LA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA COMIENZAN LA LA PALNTACIÓN DE EJEMPLARES EN LA PARCELA EXPERIMENTAL DE TRASMIRAS

Este campo de experimentación súmase aos existentes en Chantada e Santa Comba, parcelas todas elas cedidas no seu día polo Banco de Terras ao Ingacal para o seu estudo e traballo. O proxecto ten como obxectivo conservar, potenciar e mellorar os re...

Os campos de experimentación onde se leva a cabo este proxecto están localizados en tres predios, propiedade do Banco de Terras, das provincias da Coruña, Lugo e Ourense. No primeiro caso, está no concello de Santa Comba e ten unha extensión de 9.500 metros cadrados; outro no concello lugués de Chantada, cunha superficie de 6.959 metros e, por último, a situada no concello de Trasmiras, con 9.968 metros.

Logo dunha primeira fase onde se levaron a cabo labores de replanteo durante o verán e preparación do terreo no outono, comézase agora coa plantación de 1000 exemplares seleccionados previamente en dous viveiros de Lugo e Pontevedra.

Este proxecto, no que traballan o centro de investigación forestal de Lourizán, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e a propia Fundación Juana de Vega, ten como finalidade crear unha serie de plantacións de quercus robur máis variadas que as que existen na actualidade. Para iso estanse reunindo árbores de diferentes procedencias xeográficas da mesma zona climática, co obxectivo de lograr parcelas cun alto valor xenético en terreos propiedade da comunidade autónoma.

No seguinte enlace poden leer a noticia ao completo:

http://mediorural.xunta.gal/nc/institucional/comunicacion/nova/nx/nova_…