O CIF DE LOURIZÁN ESTÁ A AVALIAR QUÉ ESPECIES EXISTENTES PODEN SER DE INTERESE PARA O CLIMA ACTUAL E FUTURO DE GALICIA

O CIF DE LOURIZÁN ESTÁ A AVALIAR QUÉ ESPECIES EXISTENTES PODEN SER DE INTERESE PARA O CLIMA ACTUAL E FUTURO DE GALICIA

Pontevedra, Porto do Son e A Pobra do Brollón acollen tres parcelas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán no que se estudan 38 especies forestais para comprobar a súa adaptación a Galicia nun contexto de cambio climático.

O cambio climático evolucionará previsiblemente o clima galego cara unhas condicións máis mediterráneas, con maiores temperaturas no verán, cambios nas precipitacións e maior frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos. É un escenario que preocupa, pois aumentará a perigosidade dos lumes e haberá especies forestais que se debiliten. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Xunta, está a evaluar que especies hai de interese para o clima actual e futuro de Galicia.

Os ensaios de Lourizán, no marco do proxecto europeo Reinfforce, iniciáronse no 2012 coa plantación de 38 especies en tres parcelas, unha no monte ubicado no propio Centro, en Pontevedra; outra en Porto do Son, nun monte pedregoso cun solo máis areoso; e unha terceira na Pobra do Brollón (Lugo), nun clima máis mediterráneo. Lourizán acolleu onte unha xornada para amosar a evolución da parcela pontevedresa, un ensaio asentado sobre 2 hectáreas nas que puxeron máis de 2.000 plantas, correspondentes a 38 especies, cada unha delas alomenos con tres procedencias.

As árbores xa chegaron ós 5-6 anos, o que permite facer unha primeira valoración, se ben o estudo, que coordina en Lourizán a investigadora María José Rozados, continuará alomenos ata o ano 2027. En crecemento, os máis destacados foron os eucaliptos e algunhas procedencias de ‘Pinus pinaster’, o piñeiro máis extendido en Galicia, pero tamén acadaron resultados destacados outras especies, tanto de frondosas como de coníferas.

Poden ler a nova ao completo no seguinte enlace: 

http://www.campogalego.com/forestal/tres-montes-que-ensaian-alternativas-de-futuro-para-o-bosque-galego/