O CIF DE LOURIZÁN ESTUDA FAMILIAS GALEGAS DE PINO DO PAÍS Y DE PINO INSIGNE PARA IDENTIFICAR FAMILIAS TOLERANTES OU CON RESISTENCIAS Á PRAGA DO NEMATODO

O CIF DE LOURIZÁN ESTUDA FAMILIAS GALEGAS DE PINO DO PAÍS Y DE PINO INSIGNE PARA IDENTIFICAR FAMILIAS TOLERANTES OU CON RESISTENCIAS Á PRAGA DO NEMATODO

Unha investigación prevé que o nematodo do piñeiro colonice o sur galego desde o 2022. A praga, detectada por primeira vez en Europa nas inmediacións de Lisboa no 1999, expándese cara o norte de Portugal e xa se sitúa a uns 20 quilómetros da f...

Os dous casos illados de nematodo do piñeiro que se rexistraron ata o de agora en Galicia, nas Neves e Salvaterra do Miño (Pontevedra), poden quedar nunha anécdota a partir do 2022, cando se espera que a praga comece unha importante expansión no sur galego, segundo se desprende dun estudo da Universidade Politécnica de Madrid dirixido por Begoña de la Fuente.

O nematodo, un verme microscópico que causa a seca dos piñeiros, expándese de xeito natural por medio dun insecto vector, o ‘Monochamus galloprovincialis’, para o que se calcula unha capacidade de dispersión principal de 1,5 quilómetros. Esa limitada dispersión do vector fai que a velocidade de avance do nematodo en ningún caso supere os 15 quilómetros anuais, salvo que o insecto vector se desprace a longas distancias favorecido por medios humanos, coma por exemplo veículos de transporte de madeira.

Para retrasar a expansión do problema, os investigadores recomendan aplicar trampeos masivos do insecto vector, así coma eliminar as árbores decaidas ou sintomáticas nas áreas máis próximas ós casos que se detecten. A corta de tódalas árbores arredor dos casos detectados demóstrase por si soa insuficiente. Talar tódalas árbores nun radio de 3 quilómetros serviría só para retrasar a expansión da praga 1 ano, segundo o modelo de expansión do nematodo desenvolto. É precisa, por tanto, unha acción integral que teña en conta o trampeo dos insectos vectores e a eliminación de pés sintomáticos ou decaidos.

O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán iniciou tamén un estudo sobre 91 familias galegas de piñeiro do país (‘Pinus pinaster’) e sobre 55 de piñeiro insigne (‘Pinus radiata’) co fin de identificar familias tolerantes ou con resistencias á praga. É un traballo que xa permitiu identificar opcións de interese para desenvolver un programa de mellora xenética do piñeiro. O obxectivo é producir árbores resistentes á praga, como xa fan países que levan décadas convivindo co problema, caso de Xapón.

Poden ler a nova ao completo no seguinte enlace:

http://www.campogalego.com/forestal/unha-investigacion-preve-que-o-nematodo-pineiro-colonice-o-sur-galego-desde-o-2022/