O CIF DE LOURIZÁN IDENTIFICA CASTIÑEIROS RESISTENTES Á AVESPIÑA

O CIF DE LOURIZÁN IDENTIFICA CASTIÑEIROS RESISTENTES Á AVESPIÑA

O CIF logrou confirmar, mediante ensaios controlados en laboratorio, que existen clons híbridos de castiñeiro que resisten esta praga

No CIF de Lourizán instalouse no ano 2015 un insectario-invernadoiro para poder traballar con pragas e avaliar a tolerancia de distintos materiais. A continuación, fóronse incluíndo materiais xenéticos que foron sometidos a un elevado grado de ataque mediante infestación obrigada. As avaliacións e análises estatísticos mostran que existen clons híbridos de castiñeiro resistentes ao ataque da avespa, algúns deles moi empregados no sector e que son tamén ben valorados pola súa resistencia á tinta.

As 24 variedades tradicionais produtoras de castaña avaliadas ata o momento no CIF de Lourizán foron sensibles ao ataque da avespa do castiñeiro. Sen embargo, algunhas delas mostraron un menor nivel de infestación, e por tanto un maior nivel de tolerancia, como foi o caso de ‘Amarela’ ‘Amarelante’, ‘Garrida’, ‘Negral’ e ‘Porteliña’. Debe terse en conta, en todo caso, que estas conclusións deben ser confirmadas no seguinte ano de infestación e contrastados en campo.

En breve, O Centro de Investigación Forestal de Lourizán achegará estes resultados mediante a publicación dun tríptico divulgativo para que o sector poida dispoñer desta información dun xeito máis detallado. Nel incluiranse ademais datos contrastados de ditas coleccións en campo, principalmente no caso das variedades tradicionais no que se está avaliando o grado de infestación na plantación da colección de variedades localizada en Sergude (Boqueixón).

http://mediorural.xunta.gal/nc/institucional/comunicacion/nova/nx/nova_…