O CIF DE LOURIZÁN ORGANIZOU UNHA XORNADA TÉCNICA PARA DAR A COÑECER A MELLORA SELVÍCOLA DO PINO PARA INCREMENTAR EN CANTIDADE E CALIDADE A PRODUCIÓN DE MADEIRA

O CIF DE LOURIZÁN ORGANIZOU UNHA XORNADA TÉCNICA PARA DAR A COÑECER A MELLORA SELVÍCOLA DO PINO PARA INCREMENTAR EN CANTIDADE E CALIDADE A PRODUCIÓN DE MADEIRA

EL CIF DE LOURIZÁN ORGANIZÓ UNA JORNADA TÉCNICA PARA DAR A CONOCER LA MEJORA SILVÍCOLA DEL PINO PAR

O noso centro iniciou no 2016 un programa específico co fin de definir as mellores técnicas para obter nun futuro próximo plantacións sustentables, de alta produtividade e de calidade óptima

O CIF de Lourizán traballa na mellora silvícola do piñeiro para incrementar a súa produción –fundamentalmente de madeira– tanto en termos cuantitativos como cualitativos e, polo tanto, facelo máis competitivo. Así se puxo de manifesto o pasado xoves nunha xornada técnica promovida polo noso centro e que tivo como finalidade trasladar a súa experiencia na materia a propietarios forestais e outros representantes do sector.

O programa deste evento incluíu explicacións de técnicos e investigadores de Lourizán, a través de charlas impartidas no pazo de Quián, en Sergurde (Boqueixón) e tamén unha visita á parcela de ensaios silvícolas situada no concello coruñés de Frades, que xestiona a Agacal.

O CIF de Lourizán iniciou no ano 2016 o programa de mellora silvícola do piñeiro, coa finalidade de definir as mellores técnicas para obter nun futuro próximo plantacións sustentables, de alta produtividade e de calidade óptima. Trátase, tamén, de fomentar a conservación da especie e de loitar contra pragas e enfermidades. Esta iniciativa enmárcase no Plan de innovación e mellora forestal de Galicia 2010-2020, que está apoiado por Inditex e que comprende, esencialmente, dous programas: por un lado, o de mellora xenética e por outro o de mellora silvícola. En canto ao primeiro, cómpre destacar que a calidade do material de reprodución de piñeiro é o factor que máis inflúe na súa adaptación ao medio, no seu crecemento e na calidade tecnolóxica dos seus produtos.

Pola súa banda, a silvicultura, é dicir, o manexo científico dos bosques para a produción continua de bens e servizos, resulta tamén esencial para a mellora forestal. Neste sentido, é imprescindible coñecer os factores que afectan o ciclo vital dos individuos e das poboacións forestais, tales como os nutrientes do chan, a auga, a luz ou a temperatura, para entender como se deben desenvolver e optimizar os labores silvícolas. Así, as dúas liñas principais nas que se fundamenta este programa son as técnicas de preparación de chan e de implantación de masas, por un lado, e de fertilización e control da maleza, por outro.