PARTICIPACIÓN DO CIF DE LOURIZÁN NA REUNIÓN FINAL DA ACCIÓN COST PINESTRENGTH

Invitación a participar
A nosa compañeira, Raquel Díaz, foi convidada a semana pasada a asistir e participar na reunión final da acción COST PINESTRENGTH (“ Pine Pitch Canker: Strategies for Management of Gibberella circinata in greenhouses and forests”) sobre Fusarium circinatum, que tivo lugar en Skopje (Macedonia do Norte) do 26 ao 28 de marzo. Durante a devandita reunión presentou os estudos realizados no CIF Lourizán dentro do programa de mellora de P. pinaster sobre resistencia a F. circinatum e os avances en resistencia ou tolerancia ao nematodo do piñeiro (B. xylophilus).