PLAN DE RECUPERACIÓN E CONSERVACIÓN DE DISTINTAS ESPECIES ACUÁTICAS DE FLORA VASCULAR AMEAZADAS EN ZONAS HÚMIDAS DE GALICIA

O CIF de Lourizán AGACAL e Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L asinaron o pasado 8 de agosto un acordo para establecer as base dun plan de recuperación e conservación de distintas especies acuáticas de flora vascular ameazadas en zonas húm...
O acordo pretende elaborar unha serie de documentos técnicos de base para establecer un plan integral de recuperación e conservación de distintas especies acuáticas de flora vascular ameazadas en Galicia presentes en zonas húmidas: Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus (Hackel & Lange) M.Laínz. e Deschampsia setacea (Huds.) Hackel, xunto coas ciperáceas (Cyperaceae) Eleocharis parvula (Roem. & Schult.) Bluff, Nees & Schauer, Rhynchospora fusca (L.) Aiton fil., Rhynchospora modesti-lucennoi Castrov., Schoenoplectus pungens (Vahl) Palla, Carex hostiana DC. e Schoenoplectus triqueter (L.) Palla, todas elas incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e no “Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España”.