PRESENTACIÓN DO CONVENIO CONSELLERIA MEDIO RURAL-AGACAL-ARUME 2021-2022. I REUNIÓN GRUPO XENÉTICA FORESTAL ARUME

Onte tívose a primeira reunión do Grupo xenética forestal Arume  co obxecto de iniciar os traballos de colaboración entre o CIF de Lourizán- AGACAL e as institucións que colaboran na parte de mellora forestal, dentro da Fundación Arume, a través de 4 eidos:

· Reforzamento das liñas de investigación dirixidas á mellora xenética forestal, especialmente dos piñeiros.

· Poñer en marcha un programa de produción vexetativa de piñeiro mediante técnicas de embrioxénese somática e técnicas de estaquillado, tamén chamado esquexado, de planta forestal de alto valor xenético, dirixido aos entes provedores deste material en Galicia.

· Favorecer, entre os entes provedores deste material, a produción e comercialización do material xenético mellorado nas repoboacións de piñeiro en Galicia.

· Fomentar e divulgar entre os titulares, xestores e empresas de servizos e aproveitamento as vantaxes no uso deste material, así como a importancia das repoboacións forestais nun contexto de descarbonización e loita contra o cambio climático.