PROGRAMACIÓN PREVISTA PARA O ACTO DO 75 ANIVERSARIO DO CIF DE LOURIZÁN

Programa de horarios e intervencións previstas para o 8 de xuño
O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural, celebrará o vindeiro 08.06.2018 a conmemoración do 75 aniversario da súa fundación. Con tal motivo, programouse un acto co que se pretende facer unha homenaxe a todo o persoal que pasou polo centro e, de maneira especial, aos directores que estiveron á fronte del nalgún momento da súa historia.
Tamén se procederá ese día á inauguración da exposición cedida pola Sociedade Española de Ciencias Forestales : “A muller na Ciencia Forestal”.
O cartel do acto, o tríptico co horario e programación e o cartel da exposición poden consultarse no seguinte enlace:
/sites/w_forlou/files/novas/documentos/info_75_aniversario_cif_lourizan.pdf